domingo, 4 de diciembre de 2011

Ponse o sol na Revista Avria



A revista gratuita AURIA non sairá en decembro. O derradeiro número xa foi. Graciñas ó xornal La Región pola decidida aposta nestes anos, unha década e case un lustro mes a mes de xeneroso camiñar.  

Unha das  miñas colaboracións, en Auria 2006... 
...sobre unha escultura pública, obra de Tony Ferrer.


Teñen sido 175 números –un ó mes-, durante máis de catorce anos. Na etapa larga Antonio Piñeiro, de Celanova (Amoroce), ten sido o seu director ata o mes pasado. El estivo a pilotar a revista dez e pico anos. No seu comezo foron Fina Calleja e José Platero, quenes a puxeron a camiñar e en marcha, respectivamente, sendo con este último onde comezamos a participar nesa aventura mensual. En 2011 todo o ano seguido, e antes fixemos diversas series...


Escritores e xornalistas, historiadores e poetas -historiadores a arte como o que escribe-, profesionais dos máis diversos e variados sectores, fomos quen de ir participando dende solicitudes específicas de artigos a colaboracións free lance. Configuramos así un microcosmo ricaz e amplo sobre o outro Ourense.

Reportaxe en Avria 2003


Miguel Suárez, o maquetador, fixo que o traballo semellase un acontecemento.

O xornal La Región -e outros patrocinadores como Caixa Ourense/Caixanova-, nos regalaron a oportunidade de dar a coñecer a provincia nun formato fermoso e de calidade. Para nós. Para o mundo.


Semella que o sol se pon nesta foto de Carlos Vázquez en Auria IX.2001, mais é o amencer dun novo día...

Portada de Auria, febreiro 2002, coas luces dun Nadal que sorría. Eran outros tempos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario