jueves, 29 de junio de 2017

Las pinturas de la cúpula de Brunelleschi en Florencia


Un ciclo pictórico de más de 3.600 metros cuadrados realizado por dos de los artistas más famosos del siglo XVI: Giorgio Vasari y Federico Zuccari.



"Una obra de arte, para convertirse en inmortal, siempre debe superar los límites del humano sin preocuparse por el sentido común o la lógica" 

(Un’opera d’arte, per divenire immortale, deve sempre superare i limiti dell’umano senza preoccuparsi del buon senso o della logica), decía Giorgio de Chirico.


                         Debajo, 'il cupulone', desde el exterior ...






martes, 27 de junio de 2017

MANOLO FIGUEIRAS EXPÓN EN OURENSE NA C.E.O.

A balada do mascarón.
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
ARTE ET ALIA

Velaquí o artigo na web de La Región



Manolo Figueiras e o seu río do tempo 

A exposición na sede da CEO permite coñecer de primeira man o fondo de armario deste artista de orixe ourensá


É a exposición de Manolo Figueiras un percorrido de arte polo antigo Pazo dos Gayoso, propiedade da Confederación Empresarial de Ourense. Neste edificio fidalgo brasonado e con patio de columnas, un dos referentes urbanos da vella Auria, asentase a CEO. Achegarmos así ao edificio para ver a obra deste artista supón un encontro con un contínuum histórico nunha casa con novos usos, e a oportunidade de coñecermos de primeira man in extenso algo do fondo de armario da súa arte. Esta é, polo de agora, malia o seu interese, apenas coñecida.



Subimos ata o segundo andar e baixamos, cal se do Guggenheim neoiorquino se tratara, percorrendo o itinerario de arte que Figueiras preparou, deixándonos enrolar polo edificio, arredor da luz da vidreira do patio central. Dispón aquí cadros de temática psicanalítica, coa singularidade plástica de facelos en baixorrelevo: Edipo e a Esfinxe son, nas súas mans, e algo de retranca, un home e unha muller con un diván ou cama polo medio, el encamado e doente, ela co termómetro, ou a muller falando no diván mentres o home escrebe... Son escenas de interior, con mobiliario de libros, cadeira Thonet e cadros. Nun deles está a escena mitolóxica grega co Kylix famoso que lles da título.


As súas obras teñen unha sintaxe moi coidada, e acenos ao mundo da cultura, unha minuciosidade ao xeito de George Perec, e así como o francés, na súa escrita, recorre a imaxes e pinturas, o noso artista úsaas como fitos reflexivos que aportan densidade expresiva.









No primeiro andar está o mundo do circo, co domador de cans, e o da cabra, que comparten espazo nos cadros coa muller barbuda saída dunha obra de Ribera, pintor do Barroco, e o mono que pinta o retrato dunha ovella cun burro por modelo, dun gravado de Goya, preferindo Manolo Figueiras basearse no debuxo preparatorio co texto ‘no morirás de ambre’ (sic) do mestre aragonés. O Hamlet do ‘Ser ou non ser’, diante dun auditorio sen rostro, abre o abano dos significados; e o Hércules circense adestrando nas aforas dunha cidade é un forzudo manco coa parella da Garda Civil vixiando...






Nos despachos, e significadas salas, hai tamén obras. Así no salón, un Edipo coa Esfinxe-Cicciolina, e noutra estanza gravados, obra gráfica co pintor e a modelo ou grupos á mesa tomando café. 



No nivel baixo, arredor do patio está o mar, inspiración deste artista de orixe ourensá que traballa e vive na costa pontevedresa. Velaquí o melodrama do mariñeiro cantando no peirao cara o mascarón de madeira do barco en relevo, obra de empeño no compositivo e perspectiva. 



Ao redor, hai acaídas composicións de grandes barcos na liña do horizonte con simetrías mariñeiro embarcado/muller en terra e un 'Malevitch boat' ben suxestivo… 


E na da entrada, unha acaída Parada circense, e o Cabalo de Troia; sendo a introdución do río do tempo do artista un antigo guerreiro e a inscrición ‘Baile de salón’, en alemán. 


A necesidade dun folleto como guía faise necesario para unha mellor transparencia. Dende esta fachada con soportais urbanos da Praza das Damas a rota da arte gaña en visibilidade.


jueves, 22 de junio de 2017

El nuevo cruceiro en Conxo, de Soledad Penalta

Por delante de este cruceiro, parte central del proyecto singularísimo de la gran escultora Soledad Penalta en Santiago, he caminado en dirección a Padrón, para reivindicar la verdadera historia de la peregrinación: tras llegar a Compostela, y pasar por la catedral, el peregrino iba siguiendo los pasos del Apóstol desde que llegaron sus restos a esta tierra de la antigua Gallaecia romana por mar... 

 

 La especulación inmobiliaria casi provoca su desaparición, de lo que consiguieron salvar los vecinos lo principal de la pieza iconográfica, conservada con cariño en la huerta del cura: un Cristo y una Virgen. Soledad Penalta conjugó la historia y la intervención contemporánea a través de dos elementos, el fuste y el capitel, metálicos de acero cortén. 

Con metal, habitual en la expresión plástica de la artista natural de Noia (A Coruña), la creatividad del Soledad Penalta hace dos estructuras con sendas cruces, una obviamente incompleta, para crear así una tipología nueva en Galicia.

Los capiteles con figurillas metálicas son alusiones
al cruceiro histórico de fines del siglo XVII




Otro elemento peculiar es es de la base, ya que se elimina la tradicional estructura apiramidada, haciendo que sea un doble aro cuadrangular concéntrico que se remata en una repisa, con lo que consigue dicho efecto. 




lunes, 19 de junio de 2017

CRIPTOGRAMAS DAS CREBAS DE JORGE GARCÍA-VALENCIANO


Bañistas, 2016.

XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
Así no xornal La Región


Camiña pola praia Jorge o fotógrafo, coa súa cámara, no amencer. Ou antes, pois quere ollar, para a area, e as rochas, no ar limpo, auroral, antes do comezo do día, no do inicio do mundo... Pola praia, pasea as mareas, sen apelidos que o lastren, é Jorge, sen máis, ou mellor, mércores, polo día en que a pisou, ou era martes? Así semella como aquel Robinson cando chegou á illa, mais coido que eran illas. Non ten presa, nin reloxo, anda paseniño, e coa mirada limpa, sen prexuízos, para descubrir novos significados nas formas das pedras, nos seus perfís, e formas, algunha delas chea de verdes algas.


Sinte que é así, amodiño e no tempo giusto, onde reside o segredo do equilibrio, para aprehender da natureza, e capturala nas fotos. Anda só, mirando para ás areas coas mareas baixas, alí están os sucos, das escorregadizas augas cando se retiran, e as miúdas labras, que fan debuxos ondulados, como unhas serraduras mesturadas con finas cordas plásticas das bateas ancoradas no medio da ría; as veces, latas, e polas, e tacos... crebas, ou refugallos. Nelas ve homiños giacomettianos que se moven, serpes, mulleres, animais, que asocia a recordos, lecturas ou conversas.



Son un elenco de formas algunhas delas efémeras, outras máis permanentes, entre as súas pescudas interiores, e o mundo de fóra, de paraísos presentidos nas mañás do mundo. Este bestiario, que sempre igual, mais en realidade distinto pois está a recomezar de contino, como rexistrara Valéry.

Batracio.
Recente libro, Criaturas, 2016.
Logo na súa casa, e taller, traslada a papel eses fértiles instantes, reproducións minúsculas, que no pequeno do tamaño amosa o fuxidío do relampo, en que atrapou o tema, alumeándoo para nós en series: ‘Criaturas’, ‘Cadernos atlánticos’, ‘Música para ondas’, ‘A pel do mundo’, ‘O museo do mar’, son libros, en realidade, e así o significou o ano pasado cando editou o primeiro.

Mais estas son como carpetas, capítulos dun libro maior que chama "Diarios de Terramar". Con el se presenta no ‘Espacio de arte Roberto Verino’, na Rúa do Paseo. Inseridas en estruturas de madeira clara con unha instalación eléctrica que as ilumina de maneira autónoma, son as súas métopas dos frisos da orde dórica dos templos gregos.



O piar con capitel xeométrico que divide o espazo da sala axuda a darlle o ton. O senso poético do artista faille engadir unha gran foto do monte Louro no centro, con outra no eixo, baixo a escaleira do soto onde está este recuncho luminoso, que a roupa da tenda ocupa outros espazos. Noutra das paredes, outras tres grandes fotos, ben explícitas, unha con unha poliña e un pincel, asociación dadaísta que fai verosímil o casual encontro.


e o luns 3 de xullo Tareixa Taboada deixou escrito...





Jorge García-Valenciano ten dito que se sinte un salvaxe con un aparello dixital. É o seu proceder como unha liturxia da terra, na que podería dicir con Walt Whitman ‘solitario, cantando no Oeste, anuncio un Mundo Novo’. Na procura da Terra do Nunca, no Nome do Misterio inefable, que é Luz, Vida e Amor. Como Butler buscando nohwere acha Erewhon, chámalle Terramar por máis que o leve dentro.


sábado, 17 de junio de 2017

Buciños en Rianxo

                        Buciños en Rianxo

Escultura de A Rianxeira, popular personaxe da canción homónima, feita por Manuel García de Buciños (Buciños, Carballedo-Lugo, 1937) de bronce, dentro dun estanque de cristal, alberca che de auga, que foi instalada no 2003.




A canción é de 1947, e foi estreada un ano despois polo Coro Castelao de Bos Aires, aínda que o seu estreno oficial sería en 1950. Foi gravada co título de "Ondiñas da nosa ría", e a súa melodía foi popularizada en Galicia nos anos cincuenta polo coro "Bernardo del Río"Xesús Frieiro Dourado, "o Pinciñas", foi o seu autor, e púxolle música o emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, que daquela dirixía a Rondalla do mencionado coro bonaerense.

Diante:


A sombra inferior é a nosa...

viernes, 16 de junio de 2017

lunes, 12 de junio de 2017

A LIÑA DE NOA PERSÁN DEFENDE A COR


¿Quien soy al final de esta odisea andante?, 2011, ol. taboa.

XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA

A liña de Noa Persán defende a cor



A artista lucense Noa Persán (Ainhoa Pérez Sánchez) está a amosar as súas vizosas obras no Centro Cultural, no acaído espazo expositivo da entrada. Coñecíamos a súa obra en Ourense dende que chegara en 2008 invitada polo galerista Manuel Márquez. Ela foi unha das primeiras artistas que apoiou dende a súa galería profesional na rúa Dr. Marañón. Viñera daquela con "Onirismos", e agora trae "Metamorfofiguraciones", recente serie que é a base da exposición, aínda que na escolla haxa obras de comezos da década. A cor verde domínao todo para impoñer unha forma de sentir dende as obras ata o tríptico-catálogo.


El triunfo II, detalle cos relevos engadidos no tocado.
Dende a capa deste unha figura fita para nós, con quimono e finas ramas con frores de ameixa; e na contra capa unha cigarra e unha formiga semellan conversar nas follas dun xardín: aquel é un rostro xaponés, cultura oriental asiática xunto coa chinesa, que rodea a súa forma de ver a pintura, pois vive a vida tamén dende a actividade deportiva ligada ao karate, categoría 2º Dan, e non lle son alleos Hatha yoga e fitness. Hai na súa estética elementos das estampas históricas do Xapón decimonónico do Ukiyo-e, con influenza na Europa do imperialismo co impresionismo, mais tamén non convén desbotar a súa infancia nos Ancares, espazo montuoso de arbórea vexetación e cor dominante. No canto dos animais que parolan, é unha das súas "Fabulonirias" inspiradas en La Fontaine, serie de 2011 da que trae máis obras.

Miedo a caminar, en primero termo, e Las tijeras de la libertad, na parece do fondo.

Elas permítenlle achegarse a un territorio na que a maxia se tingue de bondade, con leccións para o camiño da vida. Hai influenzas no modo de resolver as imaxes polos ilustradores, técnicas nas que a liña prevalece nas formas delimitando con autoridade os campos de cor. Estes son case planos, e amplos nos fondos, con figuras apenas moduladas nas superficies. Nalgunhas obras busca volume engadindo elementos vexetais en relevo, cos que acada efectistas valores táctiles no que se achega á esculto-pintura, un camiño sen dúbida a percorrer.

                                                      DO IKEBANA ÁS ALEGORÍAS

Lying is fashionable, 2015, ol. tea.




Vese en vodas e tamén en eventos colexiais esa estética que emana do Ikebana, nos arranxos florais.

Mais o que interpela a Noa Persán é a súa esencia de ‘frores que viven’, e a artista insírea no seu concepto de elán feminino, unha expresión de sonos dende o corpo vigoréxico e xoven, figuras de muller do século XXI, con algo dese elegante efecto pátina da laca. 















Así nos modelos de retratos, de María Paz de Taboada ou "¡Quién da la vuelta a la tortilla?", que nos fita co corpo espido e fala coa tesoira-pluma logo de suxeitar unha cabeleira con estereotipos de xénero; e nalgún dos seus autorretratos, todos en elaboradas poses sobreactuadas. Noutros engade paisaxes vividas, o faro de Punta Nariga, con mensaxe escrita, recurso que espesa o seu dicir plástico.








Unha exposición de carácter con dúas partes, e no eixo a "Dama do lago", co ollo feminino chorando na lúa. No chan hai unha obra inspirada en Lugo como cidade romana, na que vive esta donostiarra de nacemento.

Palpitando a tu alrededor, 2014, alusión á muralla romana...

miércoles, 7 de junio de 2017

MARÍA PRADA PECHANDO ASPAS"


Autorretrato
XABIER LIMIA DE GARDÓN
Na web de La Región

ARTE ET ALIA


                                                   A DOCTORANDA MARÍA PRADA QUERE PECHAR ASPAS

A profesora francesa Anne Heyvaert, doutora pola Uvigo, recoñece que esta exposición da sala do Campus de Ourense é ‘o resultado de varios anos de complicidade’

Le pli, detalle (abaixo enteira).


Anne Heyvaert, coordina a exposición de Alterarte, de María Prada, alumna súa de Doutorado na facultade de Belas Artes de Pontevedra. De aquí ven, esta nova folla do proxecto de Xosé M. Buxán BranEstado Crítico 10 curador*s 10 artistas’, unha aposta artística enriquecedora para Ourense que se está a desenvolver dende o curso 2015... A profesora francesa do campus pontevedrés, doutora pola Uvigo, recoñece que esta exposición da sala do Campus de Ourense é ‘o resultado de varios anos de complicidade’ coa emerxente artista María José Prada Domínguez, iniciada en 2011 cando comezou a súa titoría de Grao. En canto ás súas orixes ela mesma sinala, ‘Empecé mi carrera como arquitecta, pero creo que ese tiempo ya ha pasado… prefiero crear y pensar sobre cosas artística’. Dende a especialidade de urbanismo en 2001 a autora pontevedresa ábrese a outros intereses, como o dos artistas visuais, e o deseño gráfico, centrándose na edición dos libros, ben impresos: elo será, sen dúbida, dende a súa participación nos talleres de libro de artista, fotografía e gráfica con Susana Golpe, Din Matamoro ou Héctor Francesch, entre outros, e os seus propios traballos con papel pregado que inicia en 2012 como proxecto académico. Traballa así coas mans o papel, para debuxalo e pregalo, dispoñéndoo en patróns e darlle cortes, facendo que os debuxos acaden outras lecturas, e unha nova vida. Nestes días participa tamén na colectiva 'Le Pli-El pliego-A Fold' no Campus de Pontevedra, con un grupo de investigación, ‘dx5 digital graphic art research’, da man da súa titora. Le pli é, coa súa simpleza, un reto pois con una soa fracción delimita catro espazos distintos en oposición, mais tamén a contigüidade e reflexividade, ademais dunha secuenciación, como pasa con un libro que, no fondo, é a unión de pregues. ‘Le pli’ é tamén unha obra, coa que gañou un premio na Bienal de Pontevedra, tamén aquí: nel está a esencia da praxe desta artista.

Xosé Lois e a artista na inauguración...
As tres Gracias.
Trae a doctoranda a Ourense unha decantada síntese que inicia coa obra ‘autorretrato’ de 2010. A maioría son pezas pequenas, que xunta en series, como as Tres Gracias, tres cabezas de muller con unha postal do mosteiro de Oseira enriba en dúas, obras con vocación de tríptico en metáfora surrealista. Enfronte está a serie de San Cibrao, tamén de 2015, seis fotos impresas en caixas de madeira con collages de papel pregados que sobresaen do plano do fondo, pescadores e mulleres, unha balea, e un esqueleto da estrutura dun edificio. Amplía así a nosa percepción, engadindo ademais profundidade en capas co papel ou pregados, un deles a rede de pescar, que sobresae do marco como buscando peixe...




A lección de Tohoku, é entre todas a máis salientable, nunha mesa-vitrina. Baseada na coñecida obra ‘a gran ola de Kanagawa’, de Katsushika Hokusai, un gravado de 1830 co monte Fuji dende a mar picada, que Prada dispón con un mapa e varias follas impresas dixitalmente que levanta en semellanza do oleaxe con escuma, impacto visual que resume o seu coñecemento e mestría co papel vexetal pregado.




A autora co coordinador da sala e do proxecto Xosé M. Buxán Bran.