Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Pan de Cea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Pan de Cea. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de septiembre de 2013

O pan de Cea na 'Istoria' e no "Pulpo" deste verán

Velaquí un 'traballo de campo'...
A mostra documental gráfica primeira é da 'Festa da Istoria' ribadaviense...

Foto de Santi M. Amil para L.V.de G.
As dúas seguintes probas documentais do Pan de Cea on road pertencen á 'Festa do Pulpo' (sic) carballinesa. Son de La Región.



jueves, 12 de julio de 2012

Unha tallada escultórica á altura dunha gran pulpada



O goberno municipal do Carballiño co gallo da celebración estival no ferragosto da Festa do Pulpo facer algo máis salientable que os predecesores na alcaldía desta volta - a nº 50- ofertando unha escultura que representa unha tallada de pulpo lista para ser degustada: unha obra ideada por Acisclo Novo, un dos emerxentes e máis firmes valores plásticos galegos. Dende Acisclonovo Atelier.


'Apadriña unha tallada' é o nome da campaña coa que pretenden achegarse -dun xeito visual e artístico- ó paradigma gastronómico par excellence da vila e do concello. A obra non chega ós 500 euros. O artista Acisclo Novo sinalou que 'este traballo ten para min un significado especial, xa que está no ADN da vila do Arenteiro'.



Para o Sr. Marnotes, Alcalde do Concello, deste xeito 'o festexo poderá así lembrado durante todo o ano en establecementos comerciais, industriais e hosteleiros, que incluso poden gravar o seu nome nela'.

A tallada é de poliester, sendo o pauciño/garfo de freixo
Acisclo Novo comentou da súa obra que 'simboliza a solidariedade da mesma festa, xa que o xeito de xantar o pulpo cun palillo é o mesmo tratándose dun labrego, un obreiro, un empresario ou un político, é un evento sigularmente democrático'.

Agora falta o pan de Cea e o Viño do Ribeiro ! Qué aproveite !.

sábado, 23 de junio de 2012

XXIª Festa do Pan de Cea


O cartel de 2012
Co gallo da 'crise de novos ricos' que temos entre todos (e máis dende que estamos no Euro) a Festa do Pan de Cea é un bó motivo para poñernos diante dos ollos este pan da vida como  "Alimento Bandeira". Un pan especial, singular e único, que se espalla pola Terra Galiciae do interior dende a Vila de Cea, e rexurde dente aqueles tempos de cando a crise era permanente -anos trinta, corenta, cincuenta...-,  e que debe seguir a ser a base da vida. 

Made in Cea Country !

Na base, crema de cogomelos (con viño doce), e o xamón lixeiramente fritido.
Ben á vista: Indicación Xeográfica Protexida con Consello Regulador
En rebanada, con queixo de tetillae e mel, todo Galegae