Mostrando entradas con la etiqueta Iñaki Aranzabal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iñaki Aranzabal. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de noviembre de 2017

Xosé Lois Carreira premiado na Bienal de Arte do Eixo Atlántico


'América', obra do pintor e escultor  Xosé Lois Carreira, foi premiada na Bienal do Eixo Atlántico 2017.

A obra premiada. Foi exposta en Ourense en agosto de 2014, no proxecto Vidas Entrecruzadas.
Trátase dunha obra feita con acrílico e óleo en táboa, de 110 por 80 centímetros. Segundo o autor é "unha viaxe de ida e volta entre dúas personaxes, Hemingway e Vespucio, que surcan as augas do Océano Atlántico; unha odisea homérica entre o Vello e o Novo Mundo. O bisonte, metáfora do escritor americano, é un animal prehistórico actualmente confinado en zonas protexidas de América do Norte e Europa do Leste, e que levou a cabo a mesma viaxe colonizadora do afamado navegante italiano desde Eurasia a América".

Os bisontes foron declarados especie protexida en risco de extinción e na actualidade sobreviven confinados en reservas de América do Norte. Hainos tamén en Europa, en Polonia.


Nado en 1971 en Parada de Ribeira, Xinzo da Limia, Ourense. Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. Artista plástico multidisciplinar. Foi concelleiro do BNG no seu concello, un tempo.



Segundo o autor, está baseada nun relato homónimo de Iñaki Aranzabal e pertenceu ao proxecto expositivo 'Vidas Entrecruzadas' que se puido contemplar mes a mes na sala de exposición do Museo Municipal de Ourense. Nela mesturabase os textos de Aranzabal, coas obras de Carreira, unas en pintura, como esta, otras de escultura. E non faltaba a música.


Todo o recaudado coa súa venda foi/ía encmiñado á ONG 'Médicos Sin Fronteras'.

As dúas fotos son de Eliaz, de 'Ourense Tempo de Lecer'.

jueves, 17 de julio de 2014

Peza do mes no Museo Municipal e na Escolma de Escultura (do 'Arqueolóxico')

Finaliza xullo e no Museo Municipal segue 'Vidas entrecruzadas', proxecto solidario que aúna unha obra plástica e un texto literario, do que xa temos esceito aquí. Desta volta 'Agente Deckard', acrílico e óleo sobre táboa de 65 x 110 cm.), inspirado no film do mesmo nome, co tema do 'individualismo do mundo actual e o sentimento de pertenza a unha realidade que resulta inabordable e excluínte'.

No día da presentación, diante da obra o artista X. L. Carreira e as responsables municipais.

E na Escolma de Escultura, sala municipal na capela da V.O.T. do antigo convento franciscano prestada ó 'Museo Arqueo-ilóxico' (pechado no que levamos de século, unha eternidade), unha nova 'Peza do mes': capitel do claustro gótico, un dos máis coñecidos: o da centaura cazadora, na panda do leste. Un ser híbrido a punto de lanzar a frecha ó lobo que protexe a outro co seu corpo.

Primeira metade do século XIV, de 'estilo orensano' segundo o prof, cadeirádego Serafín Moralejo (+), fase de disolución (1325-1350). 
Obra de Xosé Lois Carreira.

En cores  e neste ángulo moito mellor...