Mostrando entradas con la etiqueta Lola Veiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lola Veiras. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de junio de 2015

VEIRAS, FRORES E PAISAXES


                                Xabier Limia de Gardón
                              [en La Región, Arte et Alia]



Veiras, unha pintora e as súas frores. Elas foron, e aínda o son, en certa medida, o seu tema referencial. Así tamén as camelias para o pintor vigués Alex Vázquez-Palacios. E no horizonte está Van Gogh, e os mirasoles, que son para moitos o máis decantado do gran artista holandés. Das hortensias ás rosas, pintadas con óleo e paixón con intenso cromatismo, Lola Veiras (Bouzas/ Vilamarín), pasou ás paisaxes, expresión dun espírito que entende a natureza como un regalo que hai que presentar fermoso, e en harmonía. O seu é un expresionismo intuitivo, como se aprecia nas augas do mar, con rica flora de algas e argazos, medusas, e peces de acuario, mundo de cores no que transmite o desexo dunha vida de tranquilidade e tamén de silencio, ese necesario equilibrio no remuíño dos días. Outra é a faciana de Veiras, de profesión o mobiliario dos interiores das vivendas, mais nesta actividade empresarial entra todo un mundo decorativo, no que as telas e os bibelots, as lámpadas e mailos estucos conforman un cosmos de sensacións, expresión do gusto e inquedanzas dos clientes. Neste mundo tan persoal é onde comeza a integrar as súas primeiras obras pictóricas. Dende o barrio do Vinteún á Avenida da Habana.

Entraba así coas súas obras, fai unha década, no Museo Municipal, na significada rúa de Lepanto, onde regresa agora con ‘Anacos de vida’. Ata daquela tiña pendurado as súas obras no Centro Cultural da Deputación, e visitado as salas institucionais da Xunta en Ourense (que era a do Ateneo, na Torre) e Pontevedra, dentro do proxecto ‘Os nosos artistas’. Logo foi á da Casa de Galicia en Madrid. As máis recentes teñen sido a de Valladolid, na Galería Orejudo Decó, e a do Ateneo ourensán, na súa nova ubicación no Club de Tenis. 


Nestes anos ten ido abrindo o seu abano temático, tal a paisaxe dende o fragmento, recurso no que destacou Mané Boán, artista con química de Vilanova dos Infantes. Veiras escolle os troncos das árbores, bosque imaxinario ou real, motivo que lle serve para crear un ritmo paralelo de cores. No chan un denso manto vexetal en ‘horror vacui’, que é outra das súas características. O seu é un sentimento de raizame vitalista, dende a harmonía tonal das cores. 


A súa paleta faise máis matizada, con un preciso debuxo, nos súas paisaxes animadas coa presenza humana: cóntanos así historias dende a inspiración dos artistas que lle apaixonan, unha inxenuidade naíf vintage doutro tempo. Este é tamén o da auga das mariñas de abruptos cantís nas soleadas tardes de verán, ou os significados nocturnos, en branco e negro. En todos a auga está sempre moi presente, quizais desde as lembranzas de nena co seu pai polos camiños de Bouzas e Tamallancos, encharcados e cheos de inverno. Outra das follas do seu abano plástico é o da abstracción, superficies planas que son espazos de liberdade interior, e territorios do mundo dos sonos.
  


                                      En Auria, primavera e verán.

martes, 8 de enero de 2013

Miscelánea de arte en Reis



De César Prada
Os marcos expositivos rachan máis aló das galerías tradicionais, e na rede complementaria da cidade, o primeiro nivel é o Café Isaac, no que Moxom de Montederramo oferta unhas obras escollidas dende as raiceiras -cerne da terra-; mais tamén están pinturas de Baldomero Moreiras ou César Prada, aquel máis escuro, este luminoso; con aqueloutra peza broncínea de Tony Ferrer, que comparte oferta e inquedanzas.

Por outra banda un coleccionista privado vende obra na Galería Visol, sendo unha de Xosé Luís de Dios de 1964, unha nai e unha filla, a máis salientable. Hai ademáis algunha de Prego de Oliver; ou de Virxilio e Baltar, amigos e compadres. A crise económica invita á movelas de mans.

Outro é o caso das burguesas instalacións do Club de Tenis (nas que se insire o Ateneo dende fai uns meses, confluencia conxuntural de supervivencia mutua), onde presenta Lola Veiras unha ampla mostra dende a súa percepción como decoradora e pintora. 





Trátase dunha exposición en toda regra na que a autora mostra en grandes e pequenos formatos a súa pintura caracterizada por amplos empastes de cor, vitalista, á que nos ten acostumados. Arumes de congostra ou Fantasía -un bodegón mariño-, son obras de interese.



Costa da Morte de Lola Veiras
Noutras é a liña a que conduce o ritmo, máis algo esmorecido e con menos forza. Por máis que os regalos semellan estar no gozo gratuíto da deleitación dende a contemplación.

Maite Vázquez posa diante do seu Belén para a Catedral (foto Xesús Fariñas para La Región.
Este é o ámbito do Belén que cada ano coloca a candorosa e inspirada Maite Vázquez na Catedral. Preséntao nunha capela da nave con escenas ás que lle vai engadindo santos, como desta volta 'Santa Eufemia'... Un tema iconográfico oportuno dado que seica vai ser a 'Peza do mes' do chamado Museo Arqueolóxico de Ourense -que non existe de facto dende fai case tres lustros, como os visitantes e ourensáns sabemos-, santa que é copadroeira da Catedral.