A medio día, longo de unha longa hospitalización, faleceu.
Amigo e irmán, dende a paixón pola investigación sobre Ourense e as inquedanzas do corazón, Toño Fidalgo foi un grande investigador e traballador dende a Antropoloxía e a Etnografía. Vencellado a Ourense dende mediados dos anos setenta primeiro no Colexio Universitario, continuando logo no Campus das Lagoas, xa convertido na U.Vigo, onde aleccionou como profesor durante décadas (e tamén na Uned, da que foi director). Os seus principais estudos foron sobre o afiador e o pulpo do Carbaliño, ámbolos de referencia. Escribiu tamén sobre os oficios tradicionais, centrando o seu interrese e inquedanzas nos derradeiros tempos antes de xubilarse no Entroido en Ourense, conectando a un feixe de especialistas locais e xeneralistas do noso tanto aquí como do Zamora e Norte de Portugal.
Premio Otero Pedrayo de Investigación con un estudo antropoloxía dunha parroquia rural, tema da súa tese de doutoramento, a súa preocupación por Ourense levouno a coordinar Xornadas de Antropoloxía no Ateneo por varios anos e un estudo sobre o Leste da provincia de Ourense. O profesor Dr. Fidalgo Santamariña era membro do foro Galicia Milenio, do Museo do Pobo Galego, e ata fai uns meses Presidente do Ateneo de Ourense...
No Campus de Ourense, onde aleccionaba, no día da presentación do Congreso de Antopoloxía. |
Principal experto no afiador ó que lle adicou un libro e varios artigos. |
Sorrindo, con bonhomía, no parque de San Lázaro camiño do Ateneo, a fins de 2008. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario