Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Vizoso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Vizoso. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de octubre de 2014

Nas San Lucas carteis de Xosé Vizoso e libro de Loureiro e Seijas




As San Lucas de Mondoñedo a punto... Xosé Vizoso firma o cartel (e outros, como os dos anos 2013, 2012, 2010...e 1987, que incluimos).

Unha constante son os cabalos, a feira de gando, do día grande. Dende a Idade Media, mais ou menos na altura en que a antiga Vila Episcopal do norte do País Galego.

Por máis que se asocián ó Bispo Martiño, en 1246, co gallo da consagración da catedral, semella que datan de 1156, cando o Rei D. Afonso VII lle concede festa de oito días.


A sucesión dos días ten unha acaída denominación: o 16 de octubro comezan, é a xornada das "Revésperas", co pregón festivo. O 17 son as "Vésperas". O día 18 de octubre, craro está, o día grande: "As San Lucas". Día da feira. O 19 é o "Día do Medio" e finalmente o día 20 termina co día das "Maulas", no que os feirantes venden os derradeiros produtos.



Iste ano Ramón Loureiro e Antonio Seijas presentan 'La Oruga en el monte creciente'. De Eurisaces Editora. Ás 12:30. No día de As San Lucas, craro...




Gaiteiros e música, craro está. Cos cabalos (o de 1987 con remorsos picassianos)