Mostrando entradas con la etiqueta Manolo de Buciños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manolo de Buciños. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de julio de 2017

BUCIÑOS E A METAFÍSICA DE CASARES NA ÍNSUA DOS POETAS

XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA





Abofé que a morte non existe, e Buciños demóstrao coa súa inspirada lembranza de Carlos Casares para a 'Ínsua dos Poetas'.


O seu é un monumento á obra escrita, o vestixio dun ser que loitou, e aloitou, coa vida, e as palabras. Desde 2012, en que morreu, o Carlos que foi palabra, e alento, xa é sombra.







Ese home que coñeceu, e tratou coas súas continxencias humanas Manolo de Buciños é, por mor da súa obra escultórica, expresión do seu sentir, pegada humana harmoniosamente definida, coa man e antebrazo,...

O desexo de Manolo de Buciños de que a emerxa da terra nai...
... que anticipan un corpo rexo e forte, que emerxe da terra, como a rocha na que se asenta. 















A obra nace en Madrid, onde foi fundida... Manolo de Buciños,
dende a altura física e moral dos seus case 80 anos, contemplaa...
Así, con esta parte dun todo corporal, agora incorpóreo, que se abre coa palma cara o leste e que sosterá, en breve, un libro... Como o que lle deron aos premiados, en pequeño tamaño, a escala. 









Man destra, aberta, feita para soster, man que apertaba a vida, estreitándolla aos amigos, acariñando as mulleres, e fillos, man colleu o lapis, e as plumas, das que tanto gustaba, e gastaba, como os puros habanos...

Esa man que era mau de limiau, e que foi mau de acordo, contén a esencia dunha vida que se explicará no libro-símbolo e o texto ‘Galicia, país de palabras’, que centra dende o título dun dos seus, ‘Un país de palabras’, a cerna do seu quefacer cotiá, Galicia. 




Perra ante que inaugurada o sábado 15 de xullo último pasado, coa firma autógrafa de Tosar e data 17 de mayo de 2009, 'Día das Letras Galegas, adicado a Ramón Piñeiro'.
Explicitará o desexo de coincidencia de Piñeiro e Casares, como tamén o estuvieron en vida...
A caluga de Tosar. E no fondo o cartaz da IX Festa da Palabra,
coa foto aquel, con barba, e C. Casares.






No entorno desta finca chamada de vello Eixán, e Ínsua dos Poetas dende 2009 pola vontade de Luís González Tosar como ‘espazo público de cultura’ para que tódolos os que o desexen poidan desfrutala percorréndoa con liberdade, e a carón da memoria de Blanco Amor, Díaz Castro, Francisco Luís Bernárdez, Celso Emilio, Pura e Dora Vázquez, e os precursores Curros, Pondal e Rosalía, con monumentos alusivos, está xa o Casares escritor e personaxe pública contemporánea. 



Logo dos fastos do seu Día das Letras Galegas no pasado maio, e dos libros que lle dedicaron Ramón Loureiro, Henrique Monteagudo e outros, chega Manuel García Vázquez de Buciños e chanta para a nona Festa da Palabra nesta carballeira xa senlleira da Esgueva de Madarnás, nas terras do Carballiño, unha obra nacida para ser o intersignum da mesma. A ‘convivio’ anual da Literatura e da Arte con música solemne dos Himnos de Galicia e de Ourense, interpretados polo grupo de gaitas do xoven mestre Marco Foxo, no silente falar da natureza. 






Aquí as abellas, e paxaros, evocados por Antón Pulido na quenda de palabra como artista premiado desta volta, cos seus lurbións de Bóveda de Amoeiro no eixo do seu bucólico discurso, noutras partes ouriolos, fanse presentes no sol do verán. Dende a súa evocación, achegounos á música e o voo de recolleita do melifluo néctar, que está na escolla de Buciños quen, dende o pequeno corpo de Carlos Casares Mouriño transformouno coas súas artes nun corpo que xermola e medra pois sínteo verdescente. Eis agora, dende esta sinécdoque metonímica de Manolo Buciños en forma de alegoría artística que nos podemos decatar que era un xigante que camiñou entre nós. Para residir na terra e, dende a lingua, con nós para sempre.
Miguel Anxo Fernán Vello, poeta premiado.

sábado, 17 de junio de 2017

Buciños en Rianxo

                        Buciños en Rianxo

Escultura de A Rianxeira, popular personaxe da canción homónima, feita por Manuel García de Buciños (Buciños, Carballedo-Lugo, 1937) de bronce, dentro dun estanque de cristal, alberca che de auga, que foi instalada no 2003.




A canción é de 1947, e foi estreada un ano despois polo Coro Castelao de Bos Aires, aínda que o seu estreno oficial sería en 1950. Foi gravada co título de "Ondiñas da nosa ría", e a súa melodía foi popularizada en Galicia nos anos cincuenta polo coro "Bernardo del Río"Xesús Frieiro Dourado, "o Pinciñas", foi o seu autor, e púxolle música o emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, que daquela dirixía a Rondalla do mencionado coro bonaerense.

Diante:


A sombra inferior é a nosa...

miércoles, 12 de junio de 2013

Manolo de Buciños en Alterarte




Na sala Alterarte -do Campus, no barrio das Lagoas- inaugúrase hoxe, mércores, 12 de xuño, a exposición artística na que a profesora Dra. María Victoria Carballo-Calero propón: 'Alto! Reivindicamos a forma'.

Para expresalo  invitou ao escultor Manolo de Buciños.

A mostra forma parte do ciclo de exposicións: 'Estado crítico: 10 comisarios, 10 artistas'.

Manuel García Vázquez, de Buciños (Carballedo/Lugo, 1938) é un importante escultor figurativo que dende a Galicia interior e, Ourense, en concreto, expresa dende o bronce principalmente, mais tamén en pedra e outros materiais, as súa inquedanza plástica, caracterizada pola finura e elegancia -aquelo tan acaido ao caso: a gracia, da que escribiu Risco nalgún artigo de Las Horas-, tanto nas composicións libres como nas institucionais urbanas.

Poderase visitar ata o día de Santiago (25 de xullo).


Ás 12.00 horas -hora institucional de costas aos usos básicos do protocolo expositivo-, hoxe, no primeiro pavillón...

***
E ata alí pudemos ir malia todo !

Velaquí dous momentos, trala presentación na sala colateral, co mestre Buciños falando para todos dalgún dos temas que gusta facer con parellas abrazándose, poi é o que ve -dixo-, palabras sinceras e tenras naquel momento. E todos nós atendendo (a foto é de Israel Elíaz -mentres Raquel Feijoo tomaba boa nota-): as obras, a maioría de bronce, algunha dos anos cincuenta, de cando era un mozo estudante en Madrid, apenas, sendo outras máis recentes. Todas danlle un fulgor especial á pequena sala repintada (e cun tabique que pecha un van ao fondo) onde está a modernidade e o moderno dun artista que segue a ser especial.


Todo un privilexio o momento vivido, e satisfación no comisario xefe Xosé M. Buxán Bran polo numeroso público -nin tantos estabamos, o que revela que ás anteriores inaugaricións estaban íl e a vicerrectora, o artista e apenas a prensa- que nos congregamos, pois o artista o merecía (a Comisaria tamén puxo da súa parte), ata onde se achegaron amigos, e familiares, comoo o seu propio fillo, e tamén artista, Antón García de Buciños Nóvoa. Ademáis estaba o seu amigo e colega Acisclo, e Rosendo Cid.
A miña foto documenta un momento no final no que dous amigos falan do plan para unha viaxe á Academia (na Coruña) o fin de semana... Ámbolos dous son da altura do que ven, o que non todos poden decir hoxendía. 

domingo, 21 de agosto de 2011

Valle Inclán: setenta y cinco años

Así lo vio Buciños en "Encuentro

 imaginario"

(Vigo, 2003)





En el cementerio civil de Boisaca reponsan sus restos, tras su muerte, la víspera de la festividad de Reyes de 1936, un día lluvioso y con viento. "No quiero a mi lado ni cura discreto, ni fraile humilde, ni jesuita sabiondo", dejó dicho antes de fallecer. Francisco Asorey hizo la mascarilla de su rostro. El gran literato, gallego universal, permanece libre, más allá del Panteón de los "Gallegos Ilustres"...

lunes, 27 de junio de 2011

NIMBOS ESCULTÓRICOS NO TEMPO DAS FESTAS


Coincidindo co remate das festas do Corpus hai en Ourense treboadas, e nimbos. Uns dependen de Xosé María Díaz Castro (Vilariño dos Cregos-Vilares de Parga, 19.II.1914 / Guitiriz, 3.X.1990), quen veu publicado en vida un libro pola Editorial Galaxia en 1961: "Nimbos". Para o poeta de forte pegada relixiosa, máis que nubes, é o resplandor da divididade en forma de santidade...



Segundo dixo: “é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… Algún crítico dixo que era un home con moito respecto ás cousas, un respecto ás criaturas de Deus non acariñadas. Esas son as que busca o poeta para elevalas a unha categoría, e por iso envólveas nun nimbo de luz, para darlles gloria”... Hai dados dabondo na web da Cultura Galega.

Na foto de Martiño Pinal (La Voz de Galicia de onte, que da o anticipo da noticia), o escultor Xosé Cid traballando en pedra de Trasalba no lugar da Pousa a obra inspirada sobre a obra do autor lucense, encargada pola Deputación para o encontro anual da Ínsua dos Poetas a comezos do mes de xullo que dirixe o autor de "Estúrdiga materia", Luís G. Tosar.


Mentres, en Trasalba, na sé da Fundación Otero Pedrayo e coincidindo coa entrega do premio da fundación ó filógogo Ramón Lorenzo, o grande escultor Manolo de Buciños ven de doar como agasallo unha réplica da escultura que dedicara a D. Ramón que puxo en Bouzas, barrio portuario de Vigo no 2003 (que forma parte dun 'encontro imaxinario' con Valle Inclán, Saramago e Álvaro Cunqueiro. Así o di La Región.
Máis se un lé en Galicia-hoxe (a piques de fechalo a cabeceira de El Correo Gallego), a noticia é distinta: "Ademais, o escultor Manuel Buciños entregoulle onte á Fundación Otero Pedrayo, presidida polo director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, unha réplica en miniatura da figura en bronce que realizou do histórico galeguista en 1983 e que hoxe está colocada na Praza do Correxedor en Ourense". ¿Cómo se entende?




Ben puideron ter escollido outro día, pois no caso de Buciños o protagonista era o "Señor das Palabras", o filólogo do galego. E no primeiro, aínda non é tempo de dala, ata o día da inaugación. Vanitas vanitatis et omnia vanitas !.