miércoles, 31 de diciembre de 2014

A punto

                                                 Untitled (perfect Lovers), 1991.by Félix Glz.


                                                                        Ianuarius.



martes, 30 de diciembre de 2014

Beléns na cidade, a 'colectiva' de cada ano


O protagonismo da tempada na cidade son os Beléns. 



Así na entrada da ampla sala do Liceo de Ourense, que chaman Aula de Cultura, con entrada pola Praza do Bispo Cesáreo (ou Alameda de arriba): o da Asociación Belenística Ourensá. Son obras que reúnen devoción, tradición e arte, no que as dotes escenográficas dos autores poñen a proba a fe. 

Nesta ocasión os Reises aparecen en carros de bois, e as casas semellan pallozas castrexas. 

Mais o espírito do Nadal queda un tanto esvaído. 







Pódese recuperar, se queremos, visitando outros, xeito clásico de proceder entre nós dende fai décadas, e que aínda se mantén. 




Así é boa idea achegarmos ao da igrexa de Santa Eufemia no oco da fachada.

Escena dos Magos, Belén de Santa Eufemia / Ourense.
Escena do Portal, coa adoración dos pastores, Belén de Santa Eufemia / Ourense.
As súas antigas e fermosas pezas se iluminan á vontade dos contempladores. Cortiza, brión... Pequeno, aínda que completo: é un clásico. Con estas pretensións está o plan do Bispado dende fai uns anos, coa Exposición dos 'Beléns do Mundo'.  

A expo do Bispado comeza á entrada das escaleiras. Foto G. Freire G., vía Facebook.


Piso outo do Bispado. Foto G. Freire G., vía Facebook






















Dando a volta ao quinteiro do Liceo, entramos no Bispado pola rúa Progreso.


O contraste do seu pobre e sinxelo mundo co reformado interior do Palazzo, luxoso e ostentoso, é rechamante.














A capela do edificio nacido para Seminario podería ser un entorno máis apropiado, coa oportunidade engadida de coñecer un pouco máis o patrimonio cultural de Ourense. O ecléctivo edificio sacro, desafectado de culto, ten a ábsida para o N. con curiosos arcobotantes como se pode ver na foto tomada dende o alto do Centro Cultural da Deputación...







Así, fomos na pescuda dun Belén particular, algo afastado do centro, na rúa Bonhome, noutrora arrabalde da cidade. Propiedade de Elisa Seijas, autora que segundo dixeran acadara cando nova primeiros premios. Eran os tempos franquistas da ‘Sección Femenina’. Está instalado no baixo dunha vivenda antiga e fechada, na que tivo unha peixaría fai anos.

Na foto de G. Freire G., vía Facebook, pódese ver á súa autora.
Damos conta do interese polo tradicional e artesanal do conxunto, desde o Facebook, no que vimos as fotos, nestes días de xuntanzas familiares, e de amigos, co gallo da familia primordial de Nazaret.

                                     [artigo do luns 29.XII en Arte et Alia / La Región]

lunes, 29 de diciembre de 2014

Interesante idea de Colectiva mal desenvolvida


Pintores e mais escultores baixo o concepto-número de ‘vinte’ preséntanse na aula de cultura do Liceo durante o tempo de Nadal. Chegan da man de Mila Castro, coordinadora de arte, e da produtora Claqueta Coqueta do actor Rubén Rodríguez (‘Riós’). Dende eles nacen os ‘Vinte nas Burgas’, que no verán foron os ‘Vinte na Quintana’, en Santiago, a súa posta de largo. 

Cartel de M. Ebra
Pintores e mais escultores, principalmente, e gravadores, coñecidos e de longa traxectoria, comparten sala con outros de máis recente camiñar no mundo expositivo. E con eles os de traxectorias asimétricas, ou simplemente de voo máis curto.

Na mesa, o guerreiro de Francisco Pazos; na parede do fondo, Chema Dapena con dúas obras (a 2ª que é un tríptico do que só se amosa unha peza, sic !), e a obra de Carlos Costoya, quen ademáis puxo o viño...



Lamazares e Romero Masiá van na proa. Os dous repiten presenza expositiva, con Poldras, Costoya, Miguélez, de Sousas, Antonio Castro, Otero, Carlos Besada, M.A. Macia, Añón, Fraga ou Suso León, todos con dúas obras.

Do grande escultor Francisco Pazos, hai tan só un suxestivo guerreiro,obra menor.

Por contra, Manolo Ebra, do que vimos cinco obras, pequenos cadros a seguir dos artistas mais renomados. Está casado coa comisaria...

Con eles, desta volta, Alexandro, Galia Blanco, da Pena, Alicia Larssom e Astray. O diverso e irregular conxunto non ten máis argumento ou fío condutor que a varianza reunida.

Obra de Carlos Besada
 Denantes estiveron Vidal Souto, Santeiro, Leandro Sánchez e Moreiras, o que resulta paradóxico por tratarse de artistas que viven nesta terra..., como tamén algunha presencia / ausencia no elenco anunciado (como Moncho Conde, do que se anunciaba obra, estando sen embargo Suso León...).

En fin. Por todo, e polo recargado do conxunto, unido á deficiente información das obras, dificulta a correcta percepción do proxecto, que debe mellorar de ter continuidade noutras prazas...

                                                ***

domingo, 28 de diciembre de 2014

Día das Pegotas 2014


                     
          No día das pegotas. 

                  Qué suxerentes as expresións, non sí?. 

                            E o diálogo que podemos albiscar entre eles...!


                           Aquiles et Aiax ibi sunt...
            (Timeo Danaos et dona Nativitatis ferentes!).


jueves, 25 de diciembre de 2014

Feliz Nadal/Navidad


                 Dende a noite de Santiago, diante da Porta catedralicia das Praterías, tradicional porta da luz dos peregrinos o noso/meu post de Nadal a cantos passades por eiquí.


      E os meus desexos compartidos para o próximo ano. Dende a creación dun artista, follas dunha   frondosa árbore galega.

O nome do autor da obra, David Pintor, artista do lapis, vai nunha folla á esquerda...

martes, 23 de diciembre de 2014

A rentrée de Parada Justel


Pormenor da expo coa obra recuperada e as principais obras.
O cadro-estrela está mal iluminado, con sombras impropias.
Hai dende fai uns días unha magnífica exposición do Museo Arqueolóxico e de Belas Artes de Ourense no Centro JA Valente. 


Co gallo da obra ‘Los Satélites’ de Ramón Parada Justel, que se ven de restaurar no centro museístico provincial dirixido por Julio Rodríguez

Refulxe así nos días máis escuros do ano solar coa luz dun egrexio artista ourensán nacido en Esgos. 

Está detrás un silente e teimudo traballo de investigadores, documentalistas e conservadores, decisivo no resultado final. 

Co Patrocinio da Xunta, dende a Consellería de Cultura, exhíbese nesta nova sala municipal. Todo ele reflicte un proceder de colaboración entre institucións que hai que aplaudir. Unha mostra de maduro sentidiño... 


En combinación co Ministerio de Cultura, a Autonomía recuperou o control dunha obra que se tiña por desaparecida ata que o investigador Juan Carlos Bejarano deu con ela, nos familiares de Montero Ríos en Madrid. A pista do relevante político santiagués relacionado con Parada dende súa estadía en Madrid xa fora manifestada pola investigadora Belén Lorenzo cando o seu traballo de licenciatura centrado no artista ourensán. Este visibilizouse en 1991 nunha exposición e catálogo, que viña a ampliar as achegas de Francisco Fariña quen, como director do Museo, fixo a exposición e catálogo en 1979 coa que se inauguraba a sala da Casa de la Cultura do Ministerio en Ourense en Concejo, 15: o círculo pechábase deste xeito. Ourense recuperaba para o seu patrimonio cultural unha importante obra. Dela non se tiñan mais que referencias, e unha ilustración. Coa obra restaurada por Cristina Rodríguez e Nieves Gómez, proceso que se amosa na exposición, o Museo faise visible aínda máis nestes tempos, logo da espléndida mostra bibliográfica e pictórica arredor do P. Feijoo Montenegro, que aínda se pode visitar. Dilo, da súa vitalidade, na nova dirección, debémosnos felicitar. Ogallá sexa o augurio de que os tempos do exilio rematen.

Os Satélites, no fondo, busto do artista, obra de Carlos Mani Roig, en primeiro plano.
Pasamos así do lonxevo monxe, reivindicado como gloria local malia vivir encapsulado no mundo beneditino ovetense, capital asturiana, ao histórico pintor auriense, natural de Esgos, onde nacera en 1871, e morto pouco despois do seu trinta un aniversario en Ourense. O temperán mestre da pintura quixo vivir en Madrid ou Roma, empeños nos que se estrelou, sendo esta obra de 1898 que orixina a exposición, e ‘Recuerdo de las joyas’, de 1901, as dúas premiadas en Madrid, de agridoce lembranza á vista da escasa vida que acadou. Na exposición complementaria, con biografía en liña temporal, se poden ver, entre os retratos dos pais, un nu de campesiña, algo desproporcionado, que foi propiedade de Xoaquín Lorenzo, e as grandes obras ‘Otra helena pompeyana’, feita en Roma en 1894, do despacho presidencial do Pazo Provincial, e ‘Familia del anarquista el día de su ejecución’, do Mº de Pontevedra. 

Á dereita, 'Recuerdo de las joyas', y al fondo 'Familia del anarquista el día de su ejecución'
'Otra Helena pompeyana', á esquerda e 'Nu de campesiña', na parede do fondo.

O Catálogo con fotos de Fernando del Río e textos de Lorenzo Rumbao, achega fotos novas e corrixe algún erro anterior. Aquela obra, e a Adoración dos Magos, coa que o Museo felicita o Nadal, obras do exame para a Academia de Roma permiten decatarnos da súa boa man...

Tódalas fotos que acompañan o noso texto son de F. del Río.
                                             (artigo en La Región o 22.XII.2014)

lunes, 15 de diciembre de 2014

La máscara, exposición de Arte Mud en Allariz


La última exposición de Produccións Arte Mud, en los bajos de la Fundación Vicente Risco, nos lleva hasta Allariz. La noche de la presentación está de aguanieve. En la plazuela de la iglesia y ayuntamiento penden luces y cintas de una cucaña, sutil árbol de luz, que prepara el camino.


Una de las oobras de Antonio Soria R.
Cursum perficio hacia el calor del arte, y la música, que nos espera con las obras del colectivo coordinado, en esta ocasión, por Jesús Costa: ‘La Máscara’, como hilo conductor de una idea, o concepto. Como icono de la presencia del dios de la tribu, o ficción, y también como defensa. La máscara como desarrollo de la construcción de una figura, o personaje, disfraz que exhibe y nos oculta a un tiempo... Se ha difuminado en nuestros días la hondura, y polisemia, que encierra y, a la vez, desde su imagen, expande. 

Ahora desde el tiempo de espera navideño, adviento por nombre eclesiástico, en que las instituciones públicas juegan con las luces, podemos mirar a París, la ciudad-luz, para descubrir que allí, delante de Notre Dame, en la plaza, luce el árbol... La presencia de la máscara está también aquí, unida indisolublemente con la Navidad. Así desde el día siguiente al 25 comienza el ciclo en Entroido, que concluirá para iniciar la preparación pascual... Una muestra pertinente, que se prolongará hasta mediados de enero.

La propuesta de Arte Mud con Costa comienza desde su dibujo en el programa de mano, en el que se lee ‘El personaje / máscara subjetiva’. El aporta el grupo de obras más numeroso, desde dos hermosas y sugerentes tallas de madera, a las que acompaña la obra de Raúl Diniz, con cordón de esparto y color, en relieve. El creador brasileño afincado aquí, maestro en su tierra del carnaval, ha sido recientemente uno de los diez finalistas del Concurso de Deseño de Xoias del Colegio Oficial de Joyería. Otras obras de Costa se hallan en el suelo y suspendidas a modo de lucernarios.



En otra pared, se exhiben sus máscaras,utilizadas para la representación teatral de Sarabela teatro, ‘O lapis do carpinteiro’, gran éxito del año 2000 que dirigió Ánxeles Cuña, y con la que obtuvo el premio María Casares de teatro de escenografía al año siguiente.

(a ambos lados mostramos la del Juez, anverso y reverso)





Hay máscaras africanas compradas por Seo, quien presenta un cuadro en el pilar central, que comparte con Manolo Figueiras, que trae una carpeta de grabados con máscaras oestrimnias.

De unas vigas próximas cuelgan obras de Antonio Soria, y en dos paredes muestra obras Repani. Conforman el cartel de la colectiva los hermanos Javier y Jorge Varela, Cuiñas, Piñeiro, Karballo y Eva Casado. Esta incluye varias obras, entre las que esta una máscara-col (aquí a la derecha la muestro), suerte de homenaje a Serge Gainsbourg, al que se conocía por 'L'Homme à la Tête de Chou'. 

Ars Anterga, en acción. Detrás, de derecha a izquierda,  obras de Karballo, Jesús Costa y Raúl Diniz, respectivamente.
Al inicio el trío Ars Anterga, Ilduara Perianes, voz, con Juan Manuel Vázquez e Irma Fernández en los instrumentos, dieron un amplio concierto de sonidos medievales con Cantigas de Santa María; Martim Códax y piezas sefarditas. De lujo.

Eva Casado y Manolo Figueiras, artistas, siguen atentamente el concierto...
                                       (artículo para la serie Arte et Alia de La Región)

viernes, 12 de diciembre de 2014

Luces de Nadal y monumentos



Fotos de Ramón Loureiro C. nas praterías (Compostela locus). Unha parada no seu camiño entre Padrón e as súas terras do Golfo Ártabro. Gallaecia fulget!


Infra: árbol de Navidad en el vestíbulo de la biblioteca del Congreso en Washington, DC USA. Foto Sabrina Raymond.


Fachada de Notre Dame, París (autor desconocido).


lunes, 8 de diciembre de 2014

Dos exposiciones feijoonianas del Archivo Histórico y del Mº Arqueolóxico


El Archivo Histórico Provincial ha organizado ‘El Padre Feijoo, la traza gallega de un ilustrado universal’, una iniciativa que nos acerca al caserón que atesora en las últimas décadas la rica documentación histórica provincial. Con documentos originales, y obras como el Teatro Crítico Universal y las Cartas Eruditas. Mas también incluyen El Antiteatro Crítico de Salvador José Mañer (Madrid, 1729), quien anuncia que se impugnan al sabio de Oviedo, natural Casdemiro, 26 discursos ‘y se le notan 70 descuidos’.


Están los actos decimonónicos del certamen literario en 1876, en el bicentenario de su natalicio, época de la restauración borbónica Alfonsina.

El texto ‘A Galizea / n’o segundo centoáreo do nascemento de Feixó’, obtuvo el premio ‘El pensamiento de oro y plata’:‘¡Grória, salude, renome á tí/ ¡óuh, maxestuosa Galizea d’os sábeos!/ hóxe qu’o mundo fía seus lábeos/ á-o nome pasmoso d’o grande Feixó!’, comienza.

También hay un apunte para su monumento, luego desechado, y diversos recuerdos bibliográficos de las conmemoraciones del siglo XX.






Así las cartas de Gregorio Marañón, y fotos de la conferencia que dio en 1936 en el Ateneo.

Una muestra más que digna, magnífica, breve y amplia a un tiempo, de Pablo Sánchez, director, y su equipo, en el cuerpo de entrada de la torre SE del otrora Pazo Episcopal.

*****


El P. Maestro benedictino Feijoo ha dado una más amplia exposición en las salas de Abanca, montada por el Mº Arqueolóxico con el patrocinio de la Xunta: ‘Ciudadano libre de la República Literaria’. Cuadros y grabados, documentos de archivo, esculturas, y libros, muchos libros, en la primera planta, y en la inferior, una muestra magnífica montada con criterios museísticos, libros en vitrinas retroiluminadas, de sala y de pared.

Aquí está el Diccionario de Autoridades, de la primera mitad del siglo XVIII, el grabado madre del sabio monje benedictino que hizo Palomino en 1733, de una colección particular orensana; el de Ballester, de la Biblioteca del Seminario Mayor, el de Meléndez Cornejo de 1876 de la Deputación de Ourense, que innova su iconografía, o el de Parada Justel del Liceo, modesto ejercicio basado en el grabado que hace Vázquez del dibujo de José Maea. Este es de la época del rey Carlos IV, cómo el de Mariano Maella, obra esplendente de la exposición, procedente de Oviedo. Discípulo de Anton Rafael Mengs, fue pintor del rey, cargo que comparte con Goya...


Destaca también el busto que hace Asorey para el encargo monumental del claustro benedictino de Samos, dónde Feijoo se educó desde los catorce años: una tardía forma de expresar la Comunidad sus deudas con él, cuyos libros financiaron obras terminales en su iglesia. Es propiedad del Instituto P. Sarmiento de Santiago, del CSIC.


La vajilla de los festejos de 1887, de la familia Romero-Suances, los bocetos escultóricos para el monumento orensano, de los Rivas-Suances, y el de Isidoro Brocos, la tapa sepulcral descubierta por Benito Fernández (¿Marcelo Macías?) sirviendo de base de la Alameda de Celanova, del hidalgo Jan Feyjoo de 1452, ejemplifican una exposición irrepetible, éxito con prórroga hasta mediados de enero.


                                 El erudito catálogo permitirá prolongar su disfrute más lejos.

                                                          (artículo en La Región)

sábado, 6 de diciembre de 2014

Castro de Armea, Allariz

Este es el resultado visible de excavaciones, iniciadas hace unos pocos años...
 



«O primeiro foi delimitar o castro. Están os topógrafos facendo o seu traballo nun castro de 367 metros de norte a sur. Fixemos unha primeira excavación no Outeiro dos Pendóns buscando a parte máis antiga deste castro e deunos cerámica da época castrexa. Falamos do século II antes de Cristo», señala David Pérez. También salió una pequeña muralla.



'La última actividad fue el sondeo arqueológico más abajo, donde hace medio siglo excavó Conde Balvís, sacando a la luz construcciones de la época castrexa y romana. En aquel entonces hallaron molinos, muros y mucha piedra decorada. Decidieron taparlo todo. «Agora vemos como estaban consolidadas esas estruturas e descobrimos outra zona inédita, muros apoiados nunha rocha rebaixada», señala Pérez. De igual modo dejaron al aire libre escaleras, una calzada pavimentada y basas de columnas de un patio interior. Pero uno de los hallazgos más curiosos es una cuarcita muy plana que cabe en la palma de la mano. Su valor está en que tiene grabado un ser humano, parece un guerrero que en una mano tiene una espada y en la otra lo más parecido a una honda. El personaje posee algunos rasgos faciales, el pelo encrestado y parece estar al lado de un árbol o un estandarte. Es una joya que permite a los arqueólogos avanzar en el estudio de la vida de aquellos primeros gallegos. Es, dice el arqueólogo, un guerrero inédito. La piedra que lo contiene se usaba para rasgar'. (Cfr. LVG, Julio 2011)







El conocido guerreiro de Armea, se conserva en el Mª Arq. y d Bellas Artes de Ourense.