Alumno de Castelao nos seus comezos, do que absorbeu algo máis que arte e técnica plástica. Un dos seus grandes amigos, foi o xornalista Borobó, quen na revista que dirixía, 'Chan', publica unha entrevista realizada por Xosé Fernández Ferreiro en 1969 onde lle contou que recibira en Ceuta a formación militar chegando a ser alférez, loitando en Toledo e Madrid, estando a piques de perder a vida en 1938, perdendo a movilidade do brazo dereito polo que se viu obrigado como manecho a escomezar a praxís debuxística e pictórica.
Inspírase no agro, nos labregos, au nas romerías, que son o seu mundo; máis tamén o son as conversas de taberna, a familia e o mundo infantil.
Francisco Fernández del Riego, outro compañeiro do Partido Galeguista, dende os anos cincuenta lle facilita o camiño para expoñer en Arxentina. A súa "estética do granito" é ben coñecida, semellando Pesqueira pintar dende a naturalidade, sen intencións intelectuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario