martes, 25 de octubre de 2011

ESPRANZA NO OUTONO (POESÍA E AUGA)

A semana pasada comezaron de xeito paseniño as chuvias, que se espallan por fin pola Autonomía dende o domingo logo de moito tempo ! Foi ó día seguinte da presentación no Ateneo -unha das derradeiras da súa historia na súa sede da Torre de Ourense- do libro "Alegato contra casi todo" do poeta Eduardo González Ananín (Tibiás, Pereiro de Aguiar, 1926), publicado por Pena D´Agua Edicións, con prólogo do profesor Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928).

O poeta na redacción local de El Faro de Vigo
Chégame hoxe -intermezzo entre borrascas- a nova da presentación o 31 de octubre da antoloxía de Victor Campio PereiraQuince sonetos de amor, e onde poemas máis”, realizada por aquel prologuista.

O cadeirádego Alonso Montero fixo a laudatio de Campio Pereira (Garabás, Maside, 1928) cando foi nomeado 'fillo predilecto de Amoeiro' (con Francisco Luís Bernárdez) o pasado 20 de novembro de 2010. A obra divulgativa dun dos nosos grandes da poesía ve a luz porque Francisco López Rodríguez, Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, recolleu a idea.

Eduardo G. Ananín escribe no seu libro -dirixíndose ós manipuladores do mundo- así:

"No confíes ¡oh músculo! jamás, en quien te oprime

Cuanto más parlotean más te asfixian

Es la metamorfosis del crimen difusivo, que nos cubre de herrajes
".

Este dende os seus oitenta e cinco anos (e Víctor e Alonso Montero...).
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario