"O xurado da modalidade de
Artes Plásticas e Visuais, formado por Enrique
Acuña, Antón
Castro, Mercedes
Rozas, Manuel
Vilariño, Alfonso
Penela, Jaime
Asensi e Antón
Sobral, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio a
Ángela de la Cruz pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva coa que rompe os límites, tal como puxo de manifesto cos seus traballos e propostas de 2010".
 |
"Camiñante entre caracochas" |
A serigrafía de
Antón Pulido, ut supra, foi o agasallo ós asistentes na entrega dos premios o pasado día 22 no hotel Os Escudos de Vigo, baixo o lema “Eis o canto eterno dunha terra” (verso de Lois Pereiro).
Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, lembrando cómo ó longo de máis de tres décadas os Premios baseáronse no galeguismo integrador, “que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como '
Fortiter in re suabiter in modo" -man forte con luva de seda-, sen confundir a luva coa man, que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario