Unhas corenta obras inéditas ás que mestre vigués de Bóveda (Amoeiro-Ourense) xuntou unhas 'delicatessen' do seu elenco, pinturas xa coñecidas e aínda así significadas dende o crisol do tempo -dende os anos oitenta-, que son parte da humana traxectoria entre a vida e a morte. Emocións coa abstracción por vocabulario básico, que
Pulido sobrepasa con énfase de xeito expresivo (
Joan Hernández Pijoan e Joan Miró, laten nas súas formas) nun proceso de descomposición controlada coas rechamantes cores acrílicas e descontrolada dende unhas sentidas pinceladas impulsivas. Mentres, no fondo,
con Antón e en Antón -ergo na súa plástica-, resoa unha música de voluptuosa paixón en baixo contínuo: un concerto grosso... Nós agardamos que no seu tempo de xubilado (
Missa gaudeamus) remate o seu '
scratching the surface' (rasgando a superficie), e ache luz no seu espazo vital. Mentres, como di o Salmo 100 (99) dos días festivos, '
Iubilate Deo omnis terra', mestre !
|
'Na penumbra do tempo', 1990, Grav., carborundum s. papel, 45 x 45 cm. |
|
'Sono I', 1990, ól. s./lenzo, 62 x 62 cm.
|
|
'Muller III', 1991, o. s/ l., 200 x 200 cm. |
|
'Kermesse V', 1995, t. mixta s/l., 54 x 54 cm. |
|
'Kermesse p3', 2013, acrílico s. lenzo, 100 x100 cm. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario