Frei Xosé Rodríguez Carballo (Lodoselo-Sarreaus, Ourense, 1953), de frade franciscano en Ponteareas, a Dr. en Estudos Teolóxicos e da Sagrada Escritura, a ser elexido polo actual Papa neste ano 2013 'Secretario de la Congregación para los Institutos de Vida Consagrada y las Sociedades de Vida Apostólica' no Estado do Vaticano (Roma-Italia). Previamente tiña ido ascendendo nos Franciscanos, chegando a ser Ministro Xeral (2003-2013). Na catedral de Santiago quixo ser ordeado de Arcebispo de Belcastro en maio último, (vide o post de 20 de Maio), dignidade que lle concedeu recentemente o Papa Francisco.O 19 de maio nomeárono 'Fillo Predilecto' do seu municipio natal, e El Correo Gallego -diario da capital de Galicia-, ben de entregarlle o premio 'Gallego del Año 2013'. Acada agora o 'Premio Ourensanía 2013', da Deputación Provincial de Ourense.
Este é pois o seu ano Annus Mirabilis !
A comezos de novembro a Deputación de Ourense considerouno merecente do 'Premio Ourensanía 2013', recoñecemento honorífico aos ourensáns destacados na profesión e o eido sociais ou intelectual. Este é o segundo premio individual que entrega, logo do inicio o 11.XI de 2011 con once premiados... O xurado se tiña reunido de trámite apenas uns días antes na 'Casa-Museo de Otero Pedrayo', en Cimadevila de Trasalba-Amoeiro...

A entrega foi o pasado luns, 11 de novembro (XI), coincidencia buscada no día anual da celebración eclesiástica de San Martiño, patrón episcopal e da cidade. Diploma e unha pequena estatua broncínea, da autoría do escultor Xosé Cid Menor.
A Real Banda interviu no remate no patio reglar co coñecido aire marcial imprimido por Xosé Lois Foxo, o seu director, do que engadinos foto que tomamos dende o balcón sur. A outra é do seu fillo Marco, xa un reputado mestre.
![]() |
| O premiado diríxese emocionado aos presentes no antigo refectorio monástico |
| O seu escudo leva a cruz da Orde Militar de Santiago e o escudo de Ourense. |

A entrega foi o pasado luns, 11 de novembro (XI), coincidencia buscada no día anual da celebración eclesiástica de San Martiño, patrón episcopal e da cidade. Diploma e unha pequena estatua broncínea, da autoría do escultor Xosé Cid Menor.A Real Banda interviu no remate no patio reglar co coñecido aire marcial imprimido por Xosé Lois Foxo, o seu director, do que engadinos foto que tomamos dende o balcón sur. A outra é do seu fillo Marco, xa un reputado mestre.
![]() |
| Xurxo Lobato para El País (2011) conseguiu que posando no coñecido xesto franciscano da iconografía de San Francesco d'Assisi !!!, na escaleira do convento de Santiago de Compostela. |



No hay comentarios:
Publicar un comentario