jueves, 1 de octubre de 2015

Pablo López Prol pinta Castro Caldelas

O arquitecto Pablo López Prol expón dende fai un tempo na súa vila do Castro de Caldelas.
Dende o dibuxo de trazo seguro, xurde a acuarela.

Pintando en un SketchCrawl Galicia / en Laias




Pablo López Prol da inicio ao seu camiñar plástico. Na vila de Castro Caldelas está a expoñer dende fai un tempo as súas acuarelas, inspiradas nun patrimonio arquitectónico que coñece de seu. De formación arquitecto, ben de recoller a comezos deste ano o Premio Fin de Carreira do C.O.A.G., polo proxecto de Estadio Olímpico na Ribeira do Manzanares (Madrid).

En Ourense leva un estudo de arquitectura e deseño (PLP Atelier Arquitectura) cos dous socios. 

Nas obras coas que se presenta no salón nobre do castelo, dende un debuxo de trazo seguro, unha praxe mil veces repetida, hai un afán, ou desexo, de crear unha nova visión da súa terra caldelá. 

As imaxes enmarcadas en ‘Ao redor do castelo’, teñen o sabor fresco do inmediato do 'Sketchcrawl Galicia', grupo no que se integra en Ourense. E aínda que reflexe un modo de ver afín á profesión, sabe amosar unha visión distinta, con capacidade para engaiolar dende a súa sensibilidade para a cor.

Dende o castelo a estrutura do vello burgo amurallado, con unha nova mansión con piscina en primeiro termo
Premio C.O.A.G. / Fin de Carreira entregado neste ano: proxecto de Estadio Olímpico na Ribeira do Manzanares

No pavillón do Colexio







En Ourense leva un estudo de Arquitectura e Deseño, 
PLP Atelier Arquitectura
cos seus socios Diego Rodríguez e Adrián Hiebra,
todos alumni benqueridos de Maristas!






No hay comentarios:

Publicar un comentario