lunes, 12 de octubre de 2015

Lola Daponte de Millarouso





Millarouso é un lugar da parroquia da Inmaculada Concepción da diocese de Astorga, concello ourensán do Barco de Valdeorras/Ourense. Corenta e cinco habitantes no 2011, e baixando. De aquí, desta terra de dobre titularidade é Lola Daponte, artista que está a expoñer na Galería Sargadelos unha mostra de peixes e marionetas... Esta dobre temática son a súa presentación.



Maldad, unha das marionetas, con rostros de muller en rictos, figuras estáticas e pequenas que emerxen dun fondo que se move; e as de Procesión, un contraste entre as grandes marionetas con túnicas don debuxos de follas, e un curiña cuberto por bonete de catro dedos e borla de flocos levando un bordón; e logo os manequíns bailaríns de Espera, femininos e masculinos... 

No seu mundo submarino, de técnica máis colorista e co recurso ao volume, van en Iluminados, uns peixes; en Fondo con pulpo, os peixes, e as medusas no azul do segundo plano; ou Camaradas, dous peixes de cores xuntiños...



Son ámbalas temáticas unha representación dun equilibrio dende o silencio, onde a artista decide, coa súa mirada, os territorios nos que expresar unha seguridade dende a inseguridade. Apenas coñecida aínda, o concurso da súa nova voz plástica faise necesaria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario