viernes, 23 de octubre de 2015

MUSEO PARA O ENTROIDO







Na antiga Praza de Abastos de Xinzo, abriuse o Museo cos dezaoito entroidos máis importantes de Galicia nestes mesmos días. O tan demorado proxecto presentado antes do 2000, que implica aos gobernos autonómico e provincial, abre así a porta á cidadanía logo de tres lustros, como un importante escaparate da variedade de iconas da festa grande do pobo por excelencia.


Dende a fonda raizame na Limia, un museo vivo, como a propia celebración, con arquivos visuais e sonoros, e actividades..., con un centro de estudos que dinamice a memoria legada máis alá dos manequíns.




Así, coa oficina de turismo e o albergue para os peregrinos a Santiago, por este camiño Meridional, ou do Sueste, se transformará Xinzo. Para elo, terá que abrir os fins de semana...





No hay comentarios:

Publicar un comentario