martes, 20 de octubre de 2015

A HOMOXÉNEA VARIEDADE DO CERTAME DE ARTES



ARTE ET ALIA. 

XABIER LIMIA DE GARDÓN.

Teresa Búa Sambad, fotógrafa natural de Muxía (A Coruña), ben de acadar o primeiro Premio no certame de artes plásticas da Deputación de Ourense. O xurado de críticos de arte e comisarios formado por Buxán Bran, Mercedes Rozas, Ángel Cerviño, tamén artista, como Manuel Penín, pintor, e con eles Eva Torres, directora dos espazos museísticos municipais, considerado merecente do cumio do podio polo vídeo ‘Jeada’, de dez minutos e vinte catro segundos, co ela en plan busto falante, no que reivindica con humor o xeito de falalo galego na costa, principalmente da Costa da Morte. Do xeito de ‘Por favor pajen ao ser servidos. Jrasias’, que vimos nunha festa na costa arousán este verán. Unha acción documental como arte.



Na traxectoria desta nova artista pódese xa salientar como en 2011, aínda estudando Belas Artes en Pontevedra, acadou o premio Xosé Manuel Eirís en Carballo. Daquela era unha foto de tres rapazas con unha bolsa na cabeza, para reflectir como se cambia en función do que as rodea. No Faro de Fisterra fixo unha exposición na que presentou varias imaxes fotográficas e pintura, de gran formato, unha mestura de técnicas tan complementarias dende fai décadas, e da que dependen moitos dos hiperrealistas de primeiro e segundo orde. 


Ten feito tamén algunhas performance [como 'Trance autoinducido', 2012), podela ver Aquí], recentemente en Cuenca da ‘Representación familiar (Eu Teresa)’, co seu torso espido estampando na camiseta, imaxe coa que conseguiu notoriedade o pasado ano polo mes de maior cando presidiu con ela a mesa nas eleccións do Parlamento Europeo, ‘Estética amor-al’, que a Deputación engade no catálogo, e coa que a Búa, filla dun coñecido fotógrafo de prensa ‘documenta a performance’ (sic), do día. Fai uns meses participou en ‘Impresións carnais’ nunha colectiva de ‘Aire, centro de arte’ de Santiago.





                         Unha homoxénea variedade


Os outros dous premiados do podio foron "Spanische Akte (über Richter)", de Daniel Cerecedo, unha pintura con acrílico, óleo e esmalte en tela, figuras femininas núas en sobreimpresión;


Marta López por "Picnic", unha construción con pano-mantel no que uns animaliños levan a comida pola parede adiante, e tamén no piso..., a imaxinativa ‘instalación’ ao xeito dun efémero xogo de nena

solitaria no seu cuarto unha tarde de sábado.

E como accésit desta décimo terceira edición do concurso para artistas menores de trinta anos, Marcos J. Covela por "Stock", dous espellos colocados en soportes en ángulos diverxentes; e o cadro de Diego Benéitez, "Horizonte", unha cidade no horizonte en gama de grises.


Chamaron a nosa atención a "Sonata en Re (ciclado) menor”, estantes con ladrillos e chantos
con uns cascos para escoitar..., de Rodrigo Domínguez; e o libro ilustrado sobre atril de pé de Paloma García, "Net Cult", sarcasmo e ironía. No seu interior hai imaxes manipuladas, algunhas pornográficas, outras irreverentes coa relixión.






O traballo de Lara María Díaz,Entrada al hostal’, cadro no que amosa o misterio e a beleza detrás dunha composición con perspectiva rigorosa. 


A arte é un xogo que bate contra das esencias dos tempos nos pais de moitos deles, caso do reclinatorio con cristais de Adrián Penido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario