Neste mes de transición chega Carmen Senande, artista coruñesa de interesante percorrido centrado na escultura. No Centro Cultural presenta a súa súa penúltima voz plástica, ‘Os encravados’, que antes estivera na Casa de Cultura de Cambre e no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, onde compartiu espazo con Denís Estevez. Convértese Ourense nunha etapa do seu tour, inaugurada a pasada semana: esta é a única mostra nova neste mes do centro institucional.
Aquí recíbenos unha gran figura deitada no chan, realizada con cravos metálicos soldados. As cabezas deles aboian da silueta escultórica, que semella unha osamenta. Os seus dous metros trinta conseguen o perseguido: o impacto visual, que se completa con un busto masculino doutro ‘encravado’. O alusivo á dureza da acción terrorífica dun crucificado, que sofre e morre, coa do Crucificado par excellence, icona da relixión cristiá.
Os debuxos encristalados que complementan a mostra amosan nalgún caso o tema, que tamén terá algunha relación coa dor de muller provocada polos homes, sorte de exorcismo co que apertar as caravillas do tema... Monócromos polo xeral, algún inclúe cor. Noutros son fragmentos de corpos, sendo polo xeral a figura humana o seu medio expresivo, sen poñerse límites nos materiais, cos que gusta de experimentar.
Así o amosou en vidro dende unha instalación baseada no ollo na colectiva Reflexarte que vimos no Centro Cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario