Finaliza xullo e no Museo Municipal segue 'Vidas entrecruzadas', proxecto solidario que aúna unha obra plástica e un texto literario, do que xa temos esceito aquí. Desta volta 'Agente Deckard', acrílico e óleo sobre táboa de 65 x 110 cm.), inspirado no film do mesmo nome, co tema do 'individualismo do mundo actual e o sentimento de pertenza a unha realidade que resulta inabordable e excluínte'.
No día da presentación, diante da obra o artista X. L. Carreira e as responsables municipais. |
E na Escolma de Escultura, sala municipal na capela da V.O.T. do antigo convento franciscano prestada ó 'Museo Arqueo-ilóxico' (pechado no que levamos de século, unha eternidade), unha nova 'Peza do mes': capitel do claustro gótico, un dos máis coñecidos: o da centaura cazadora, na panda do leste. Un ser híbrido a punto de lanzar a frecha ó lobo que protexe a outro co seu corpo.
Primeira metade do século XIV, de 'estilo orensano' segundo o prof, cadeirádego Serafín Moralejo (+), fase de disolución (1325-1350). |
No hay comentarios:
Publicar un comentario