domingo, 13 de julio de 2014

Onte na Ínsua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás (Carballiño)


Con unha aperta a Antón Pulido na foto final do longo e fermoso acto da VIª Festa da Palabra, posei no grupo. A magnífica foto en semicírculo, desde unha das esculturas de Acisclo Manzano adicadas a Eduardo Blanco Amor, co gallo do 35 aniversario, conmemoración acadada polo Parlamento Galego para este ano (?!), que acada así acendrada  expresión na 'Ínsua dos Poetas' de Luis G. Tosar, en A Esgueva, parroquia de Madarnás (concello O Carballiño). O acto, facendo gala do nome que leva, comezou a medio día e rematou... pasadas as dúas e media. Logo pasamos a unha carpa onde tivo lugar un xantar de fraternidade.

Antes, o remate final foi a inauguración do conxunto escultórico conmemorativo do escritor homenaxeado Eduardo Blanco Amor. Descubríuse unha placa, cuberta polas bandeiras de Galicia e Ourense, e textos seleccionados por Tosar. Diante hai sete, siete, sept, seven... pezas metálicas en forma de láminas/follas, dispostas formando debuxo, que levan facianas inspiradas nos diversos libros, sendo a central a figura do escritor espido, silueta baseada nunha coñecida fotografía dil, mera autocomplacencia privada no seu día, figura que racha coa iconografía usual do artista Acisclo Manzano. Sabemos que nos inicios do proxecto colaborou na idea o seu fillo Acisclo 'Novo', por máis que a obra fose un encargo ó vello artista dos Artistiñas, quen é o que finalmente a firma.

        Nos actos estivo Eduardo Camilo Bóveda, sobriño e afillado do escritor (na foto fálalle a Acisclo).
Foto de Miguel Ángel para/en 'La Región'.
Tomada da web da Consellería...
Edic. de L Glez.Tosar, 2007 coa foto de EBA nú.
O premio “7 Carballas” concedérono á Fundación Curros Enríquez'; Nicolás González Aller, artista plástico; Equal Sociedade Cooperativa galega, polo seu proxecto de educación ambiental dende o concello de Coles; Asociación 'Terzo da Fala' de Buenos Aires (Argentina), os descendentes de galegos que queren manter dende o idioma o vencello e azos con Galicia; Cooperativa do Ribeiro; Asociación de Discapacitados Físicos (O Carballiño), e ó diario La Región. Todos recibiron unha serigrafía especial de Pulido, dato que en La Región silénciase.


Son seis anos xa da convocatoria e tres que se fan as esculturas. Na crónica in extenso de La Región, que recibiu desta volta premio, o lugar está no concello de O Irixo. Cando a periodista agradeceu o agasallo fixoo en castelán -única en empregalo-, referíndose á nosa provincia como 'Orense' constantemente.

Maqueta/bocexo do Proxecto que presentaron Acisclo Manzano e Acisclo 'Novo' . Foi a fase 1ª.
No proxecto inicialmente presentado, era unha fraga, que foi evoluindo, o que afectou ó número daspezas, á iconografía, e a disposición final das metálicas pezas. 

Maqueta final: fai mutis a peza deitada e nace o banco que acubilla o espazo. Mais só se amosan volumes 
No ár flotaba a nova de que a Deputación de Pontevedra -que colaborou o pasado ano coa escultura de Pedro José Rdz. Álvarez-, e o Concello de Redondela 'acoden ó rescate do Premio Blanco Amor de Novela Longa', como se escribiu nos media... (agora falta que a Esgueva teña Fundación e Casa).


No hay comentarios:

Publicar un comentario