miércoles, 5 de junio de 2013

Historia del Pazo e curral dos bispos, hoxe museo e arquivo provincial



Achámonos aquí na raizame das esencias da arte de Ourense: no Museo Arqueolóxico e de Belas Artes.
No entorno do 17 do pasado mes, Día das Letras Galegas, leváronse a cabo nel unha serie de accións especiais que o visibilizaron para a cidadanía. Así a presentación da ‘Peza do Mes’, dedicada desta volta ao Rei David -do que tenos feito oportuno post-, obra medieval que leva no Museo dende a época do Director Ferro Couselo e que segundo o anticuario a quen a mercou procedía de Covas (Cea), sorprendente ubicación pois non queda rastro dunha igrexa da categoría que precisa unha obra destas características. Semella un segredo de profesión, mais sexa como for ten un grande interese por estar no ronsel do Mestre da portada das Praterías da catedral compostelán. Queda a dúbida razoable da súa verdadeira procedencia.
Outro día fíxose a visita guiada á 'Escolma de Escultura' en San Francisco, exposición permanente representativa dos magníficos fondos de que dispón (vide foto infra), que lle sirve para estar dende pouco despois do inicio das obras entre nós. 


E o sábado, no Día Internacional dos Museos entramos no baleiro (mais non calado) edificio da Praza Maior, para a estrea do vídeo que resume o coñecido do antigo Pazo e Curral do Bispo, na liña do lema deste ano ‘Museos (memoria+creatividad)=progreso social’. Condensa valiosa información para que o proxecto de restauración saiba ler a complexidade do edificio que contén o principal da nosa densa historia. Esta reconstrución en 3D daconta dos resultados coñecidos dende as escavacións arqueolóxicas e investigacións histórico-arquivísticas que, en paralelo, se teñen desenvolvido.



O edificio é un dos escasos exemplos de arquitectura románica civil conservada ao que se foron engadindo estruturas posteriores ata o século XX. Vide a súa evolución histórica aquí, na web do Museo (Evolución histórica do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). Ou tamén aquí (video en Vimeo).


                               Unha obra para descubrir (a mires dende onde a mires)


No hay comentarios:

Publicar un comentario