sábado, 5 de enero de 2013

Isaac -o grande- Díaz Pardo: o novo Rei Mago

É Cabodano.
Fai un ano que finou, no día da noite dos sonos dos Reises...



Son os Magos que segundo o Evanxeo de San Mateo levaron cadanseu obsequio ó Neno seguindo unha estrela...,
e aínda que nestas ilustracións non haxa Neno, e tampouco estrela -e ademais os tres homes cambian de rostro e vestidos-, poden de servir como introducción deste post en lembranza de Isaac Díaz Pardo, que para nós



pode se considerado como o novo Rei Mago de Galicia. Por moito, por tanto !



As ilustracións están tiradas dun libro que se fixo coa idea de que os Reis Magos falen este ano no idioma da Terra aos nenos: son 26 ptopostas, tantas como discursos que fixeron diversas escritoras (discrimininación?). Foi unha idea da Rede de Dinamización Lingüística Xunta de Galicia, editado por Galaxia e enviado a todos os concellos da Rede. 
Pódelo coller de aquí, se o desexas: está en pdf (O libro dos Reis Magos). Un agasallo (de nada).

Tódolos debuxos son da ilustradora Marina Seoane P. (Madrid, 1957)


No hay comentarios:

Publicar un comentario