miércoles, 30 de enero de 2013

Domingos de Andrade, Barroco gallego par excellence


Domingos Antonio de Andrade morría no mes de novembro de 1712 en Santiago de Compostela. Ven por elo de ser conmemorado: trescentos anos do mestre de arquitectura e tracista escultórico do século XVII. A requintada Torre do Reloxo da Catedral, a Casa da Parra, e a Escaleira do convento dominico de Bonaval, agora Museu do Pobo Galego son as súas obras máis coñecidas.

Andrade ou o “arquitecto-bardo”, para o romanticismo, un dos “erguedores da patria galega”.

A torre do Reloxo, e símbolo de Compostela, e a referencia no skyline da mesma, máis que as da fachada de Casas e Novoa.

Andrade tamén foi autor duns versos en lingua latina e autor, dun ensaio, Excelencias, antigüedad y nobleza de la arquitectura, obra única dentro do noso pensamento artístico.

Fixo outras obras en pedra e madeira. Así traballou na catedral de Lugo e de Ourense, e nos centros conventuais e monásticos de Santa Clara, Bonaval, Sobrado dos Monxes ou Antealtares, respectivamente,  ademáis de encargos de particulares.

Capela do Pilar, Catedral de Santiago
A torre do reloxo dende os tellados pétreos da Seo compostelana comparte potagonismo coa torre do cimborrio.






Sancristía da Catedral de Lugo
E a escaleira triple de Bonaval !
Capela da Concepción (ou de Prima)

Proxecto de Juan de Álava, feita por Jácome Fernández en 1523 en dous tramos da catedral románica, ten un retablo con doble altar, obra Barroca da décimo oitava centuria, de Simón Rodríguez, que preside unha imaxe da Inmaculada, de Corniellis de Holanda e un relevo do Descendemento, de Diego de Sande.

Diante, no chan descansa Domingos de Andrade, natural de Cee, vila da Costa da Morte, e de orixe acomodada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario