viernes, 27 de enero de 2012

SUCASAS, pintor de esencias

Alfonso Sucasas coa súa muller María e o profesor Xerardo Fentanes no día da inauguración. Detrás o “Tríptico dos peixes” (1992), foto J. de Arcos (Faro de Vigo).

Chega a Vigo o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Lalín, Pontevedra, 1940) cargado coa súa sapiencia pictórica acumulada dende 1957 a 2010. As súus obras teñen sido para min un gozo cando aínda era aun  estudante universitario en Santiago, coñecendoas nos anos setenta -viña de América-, e comencei a aprecialas, entusiasmándome polos temas nos que atopaba un pouso de retranca (sarcasmo?) dende un poderoso cromatismo.

Decir Lalín é dicir Festa de invierno; dende sempre ten pintado os cartafois para a "Feira de Exaltación" (sic) de esta comarca central de Galicia e do seu "marisco de cortello": o Cocido.


Coetáneos seus son Xaime Quessada (1937-2007) e José Luis de Dios (1943-2010).

                         Á par deles, que foron chamados daquela a Nova Figuración.

Mais non estamos dando listas e menos aínda que parezan pechadas... (Úbeda, algo máis vello; Pulido, un pouco máis noviño tamén e, ...).

"Gilei da Chapeira", 2002.
Dende o seu debuxo nítido, as súas composicións cheas dunha grande expresividade nas que a líña curva reina para ofrecermos un mundo real no que latexa ese fino ar de crítica social que sempre me interesóu por alonxarse así do folklorismo ó uso. Iste gran pintor de esencias iconográficas ven sendo dende Lalín un grande xa, dende fai tempo [na base -Laxeiro (+)-; e cun Lamazares ubicado nun internacionalismo formal en Berlín].

"Xogador", 1998.
Esta gran mostra da súa obra pode verse en Vigo, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Novacaixagalicia ata o 4 de Marzo (despois do Entroido, na Coresma xa...).

No hay comentarios:

Publicar un comentario