martes, 10 de enero de 2012

Pan negro





O fenómeno cultural de ‘Pa Negre’ -a película e a novela homónima de Emili Teixidor- ten influído para que L'Obrador del Molí, unha panadería artesá de Barcelona que aposta polos sabores tradicionais, faga unha auténtica creación artesanal actualizando ‘pan da posguerra’. “A través de este pan, abuelos y nietos compartirán experiencias y recuerdos con la ventaja de que el producto actual es de altísima calidad”, dixo Jordi Gallés, impulsor da iniciativa.


Na posguerra, a xente moía de forma caseira calquier cereal, moitas veces centeo ou avena, sen separar o gran da cáscara. L´Obrador del Molí, ten feito dende fariña de trigo de primeira calidade -ó que engade trigo trinchado e malta, e que lembra aquel "Pan negro", mais dunha calidade grande que venderá ó peso, enteiro (1,7 Kg, aprox.) ou a metade (800 gr. aprox.).

                                                         ( cfr. en la web)



Emili Teixidor (Roda de Ter, 1933) é un vello escritor catalán de 75 años, que conta unha historia da posguerra rural: o pan negro era o pan da fame e da pobreza, naqueles anos da 'cartilla de racionamento' e miseria. A historia coa que arranca a película que é a base de todo non está no libro. A película baséase  na novela 'Pa negre' pero tamén en 'Retrat d'un assassí d'ocells' (Retrato de un asesino de pájaros) e ademáis en 'Sic transit Gloria Swanson', do mesmo autor.




A Fundación Vicente Risco en colaboración con persoas individuais e empresas vén de publicar en galego o libro e o DVD da película subtitulado no noso idioma. A estrea dela foi o día 20 de decembro no auditorio de Ourense.
Os da curiosa instantánea que engadimos abaixo son o Secretario daquela Fundación e a Concelleira do goberno municipal -do Bloque Nacionalista Galego ámbolos dous-, departamento edilicio que tivo que ver coa iniciativa cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario