jueves, 5 de enero de 2012

Isaac Díaz Pardo: un apuntamento

No día da súa morte (qué bendición ter compartido este tempo, dende os setenta en Santiago, e non fai tanto nun acto no salón do Simeón onde con señorío de seu agardou o retraso do poeta amigo seu que non acabada de chegar).

A barca de Caronte, 1955
Cando na inauguración da súa penúltima exposición, o 14 de Abril de 2010 -significado día para o vello galeguista republicano-, “Xentes pinturas e tintas de Díaz Pardo”, que se exhibiu na Galería José Lorenzo na praza do Toural en Compostela, dixo: “Eu agora son un ninguén”.

Concerto de zanfoña, 1946
O pouco foi inaugurada na Casa da Parra de Santiago outra nova exposición, “Pinturas e Fracasos” que, dalgún xeito, o homenaxeaba...

Recollendo mortos, 1955
Pintor (ata comezos dos anos setenta), escritor de ensaios e artigos nos xornais, impulsor do Laboratorio de Formas de Sargadelos -icono de calidade de Galicia, e de compromiso creativo empresarial- con Luís Seoane, debuxante, un intelectual e galeguista histórico. 


A finais de 2008 cando o fixeran fillo adoptivo de Rianxo anunciouse que a Fundación Seminario de Estudos Galegos custodiaría o seu legado, velando pola súa divulgación. E no Gaiás os documentos do Instituto Galego de Información: papeis do Goberno galego, correspondencias cos expatriados e manuscritos.

No Parlamento Galego, teñen os parlamentarios, diante deles un vitral seu. Que dende agora cada vez que levanten a vista se decaten da importancia deste patriota galego que hoxe morreu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario