lunes, 6 de noviembre de 2017

MANOLO DE BUCIÑOS E A COLECCIÓN ALTERARTE 2




A peza fundida por Manolo García de Buciños que se entrega no Premio Trasalba, a figura de D. Ramón Otero Pedrayo co caxato e o sombreiro, foi escollida polo mestre escultor para pasar a formar parte da Colección Alterarte, que leva o nome da sala de arte que ten a Universidade de Vigo no Campus de Ourense.



Amosouse nunha exposición colectiva na sala 0 do Centro Cultural da Deputación na compañía das obras de Lidia Alonso, Covadonga Barreiro, Marta Cerviño, Marcos Covelo, David Crespo, Dana Díaz, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Maya Kapouski, Rosalía Pazo, Javi Moreno e José Luis Torrico ademais dunha peza de creación anónima incluída nunha mostra curada polo docente Javier Tudela


Rosalía Pazo Maside ('sustentando a tremoia' por Mar Caldas).






Todos eles pasaron pola mencionada sala dende o ano 2013 ata agosto de 2015 trala súa selección polos comisarios, e logo de amosar as obras doaron unha peza á Universidade: velaquí o xermolo da exposición. Todos eles formaron parte do proxecto 'Estado Crítico2 10 comisari*s 10artistas', profesores todos da propia Institución docente do sur do País Galego.




Anónimo e outras falcatruadas: sobre a autoría na creación contemporánea’ (Javier Tudela, comisario). Por trás, Dana Díaz: ’Transtranstranscendendo’ (por Susana Cendán). Arte e deseño.
Xosé M. Buxán Bran, o coordinador xeral e director da sala, coa indispensable axuda de Filemón Rivas, técnico de Actividades Culturais do noso Campus á fronte, prepararon estes fondos para compartilos coa cidadanía, un xeito de valorizar a creación artística e ao mesmo tempo de continuar a promover a arte dos artistas, os grandes protagonistas. Son trece os anos nos que Alterarte trae a Ourense este vento continuado de modernidade, un rol que dinamiza a nosa vida cultural dende a arte, unha aposta por dar a coñecer a novos creadores, mais sen desbotar a participación de recoñecidos artistas como 'Buciños'. O traballo dende a liberdade na escolla dos Curadores amosan, como se dixo na inauguración, “os fértiles camiños no que se desenvolve a plástica actual”.

David Crespo en ‘Co vento na cara’ (por Carlos Tejo) / Manolo García de Buciños: D. Ramón Otero Pedrayo (en ‘¡Alto, reivindicamos a forma!’ (por Mª Victoria Carballo-Calero).

En paralelo, presentouse o volume-catálogo que deseña Edenia, de Ourense, con Xosé Lois Vázquez á fronte, o que non é baladí, xa que logo formato e tipografía falan, amplifican e completan a aposta da UVigo. Nel podese atopar unha ampla información das mostras, artistas e curadores, nunha acción cultural docente que é un xeito de facer unitario.


Justin Beaver’ en Antropoloxía dos praceres virtuais(por Xosé M. Buxán Bran) / José Luis Torrico en ‘Mozas, amigos e cans(por Ignacio Pérez-Jofre).

No hay comentarios:

Publicar un comentario