Artigo desta semana en La Región.
(desta volta só a súa primeira parte):
ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN
Finalizando está a exposición do artista lugués das Mariñas Xoán Guerreiro (Xove-Lugo, 1956), no Centro Cultural da Deputación. Unha mostra de veduttas mariñas da súa costa galega, auga e ceo, brisa fresca para este tempo de canícula adiada. Logo do seu paso pola santiaguesa Casa da Parra da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia chegou ‘Elízara, lugar onde non estiven’. Eis a conexión do anterior concelleiro coa súa cidade, unha máis. Son óleos de gran formato, e outros máis pequenos, engadindo tamén uns debuxos en grafito, dende os que amosa o xeito de construír, do bosquexo á obra final, madura e reflexiva.

Mestre de técnica precisa de liñas equilibradas, de xeometría hipnótica, para amosar construcións urbanas e industriais de Galicia, rigor que contén así mesmo na súa paleta cromática, cos tons da nosa luz atlántica.
En primeiro termo ól. s. cartón, 2014, Campo de millo, Figueira, laranxeira... |
A pintura de Guerreiro non é figurativa, máis si de formas recoñecibles, que son dende a súa visión cousas e volumes nos que desprega o seu abano de recursos plásticos que se inspira en lugares do Berbés en Vigo, e o das torres xemelgas, o Barqueiro, o Esteiro, a Rúa Real de Ferrol ou a illa Sarón, fronte a Xove, obras que antes exhibiu en Ferrol en 2013.
Ten participado en exposicións colectivas e numerosas individuais desde os anos oitenta. Entre 1992 e 1994 obtivo a bolsa de pintura Valdearte, no Barco de Valdeorras, e foi seleccionado para a Mostra Unión Fenosa. Outras das súas facianas, son os murais, as capas de discos para Xocaloma e Fía Na Roca.
Covas dende o mar, 2013/2014. |
Debe salientarse a de ilustrador de libros, como ‘A fonte da vida longa’, ‘Tralas portas do rostro’ de Marica Campo e ‘Ninguén chorou por nós’ de Miguel Sande, que foi en 1998 'premio de teatro Rafael Dieste'.
Que gusto atopar unha páxina como esta, botanse en falta blogues como este.
ResponderEliminarAgradécese atopar información sobre exposicións como ista de Guerreiro e tantas que irei mirando por aquí con mais tempo.
Un saúdo
Moi amable polas súas verbas.
Eliminar