jueves, 18 de junio de 2015

O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense

Composición do evento expositivo co emblema da Orde franciscana sobreimpresionado nunha foto antiga do claustro medieval en Ourense
O director do Arquivo, Pablo Sánchez Ferro preséntanos a exposición...
"O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense'. Unha exposición do Arquivo Histórico provincial de Ourense, que se inaugurou no día internacional dos arquivos

Así de ben o explican dende o centro arquivístico provincial. 


'Con esta mostra preténdese divulgar o patrimonio documental herdado dos conventos ourensáns da Orde Franciscana, un legado pouco coñecido que permite reconstruír o pasado destas comunidades e recuperar a memoria da súa dilatada presencia na cidade de Ourense, nas vilas de Allariz, Monterrei e Ribadavia e no lugar de Trandeiras (Xinzo de Limia).

A mostra divídese en sete expositores con documentos de distintos fondos do AHPOu que reflicten a pegada franciscana na provincia: a fundación dos seus conventos, a súa importancia social e actividades durante os séculos XIII a XIX, a exclaustración e desamortización do XIX, a restauración dalgunhas comunidades a finais dese século e principios do XX e o legado arquitectónico
'. 
Estará aberta ata comrezos de outubro, data franciscana por excelencia.

A nosa foto recolle o psado e o futuro: panel coa historia do convento franciscano, cuartel logo da desamortización... e maqueta cos edificios xa feitos tralo antigo complejo conventual, o do novo Arquivo Histórico e o da Biblioteca.

Á dereita, entre o público, con José Luis Guede, antigo alumno ao que lle profeso unha fonda amizade, director in pectore das Xosefinas, colexio a carón da Burga.




No hay comentarios:

Publicar un comentario