ARTE ET ALIA.
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
Sorprende a artista viguesa dende antes de atravesar a porta da galería pola
contundencia das obras que instala nos seus escaparates de amplos espazos. As
notables dimensións dos paneis, deixan
ver a súa maneira de contar unha historia que está a construír exposición a
exposición, centrándose na estabilidade interna do discurso narrativo.
Resulta
así ser esta exposición de Ourense na Galería Marisa Marimón un capítulo máis,
que depende dunha anterior. Aquela fase
foi en Cádiz, entre 2012 e 2013. Mais cada unha ten para Pilar Alonso
singularidades propias, tanto polo espazo no que se presenta, tan variado
sempre, como polo tempo no que a fai. Así pode darlle a cada unha un carácter de
acontecemento, na liña do ‘jeztzeit’ do
filósofo Benjamin: eis o agora, aspecto único e privilexiado da Moderninade, movemento
que está a devalar, mais mantense en Alonso. Así se entende lato senso a
sorpresa no concepto expositivo. Paga a pena que estudantes de artes, e
público, se acheguen á galería, e contemplen esta actitude pois un mundo de
sensacións agarda.



A serie leva por nome ‘The
cabinet of Cándida Stanwick’, e foi maquinada cando residía no centro Glogauair
para artistas en Berlín, nos derradeiros latexos do seu anterior proxecto-serie
La Diva. Dela fixo un libro de artista en 2012, tradicional medio de cultura...
A casiña vermella e o corazón no escaparate, as bolboretas impresas en follas
colocadas formando esculturas de papel nas paredes son significados elementos meta
literarios. O concepto de xogo, o de videoxogo, non debe ser desbotado para a
análise desta mostra, que leva o subtítulo de ‘La vie sans l’air’, o concepto
de fermentación anaeróbica de Pasteur.
![]() |
Al fondo, de pequeño formato, making off |
Mais a historia, e narración, teñen tamén un ar
cinematográfico, pois o nome da protagonista lembra ao da famosa Bárbara
Stanwyck, nacida Ruby Catherine Stevens (1907/1990). O seu papel en ‘Perdición’
(1944), de Billy Wilder, unha interpretación memorable do cinema negro. O film
é guión adaptado da relevante novela de James M. Cain que levaba por título
orixinal ‘Double Indemnity’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario