jueves, 11 de octubre de 2012

O danzante da festa da Virxe do Cristal


A Virxe do Cristal sae do seu santuario -ermida noutro tempo, nas aforas de Vilanova dos Infantes, Celanova- e comezar a ascender procesionalmente pola rúa da Barronca, acompañada da banda de música ata «o encontro» cos santos San Sebastián e San Roque, que saíran da igrexa parroquial case no centro da vila. A procesión cesa e só se moven os porteadores coas andas dos santos...


Unha muller canta unha Salve...

En 2012 foi o sábado 22 de setembro.
En 2008
Na praza, os danzantes inclínanse diante da imaxe e escenifican co baile a súa danza do antigo gremio dos zapateiros, de raigame multisecular na vila. Hai outras danzas gremiais e procesionais  en Ourense, como en Fontefría (Servoi, Castrelo do Val),  Güin (Bande), Santa Tegra (Castro Caldelas) ou Seara de Montes (Cartelle). E aínda outras, entre as que a de Xuvencos (Carballiño) é a máis salientable. O modus operandi é semellante: reverencia inicial, paloteo, trenzado, arcos ou espadas e saúdo final, que é outra reverencia.

o grupo en 2011
na praza
En Vilanova en concreto é: redonda, reverencia (con castañolas), ponte, partes de paos, trenzado de fitas (con castañolas) e danza (serpentina, redonda e reverencia.

Os bailarins visten traxes brancos con varias bandas, e levan sobre as cabezas un sombreiro de frores de papel. Foron máis homes, e hoxe resta un: Óscar Fernández. Este xove animoso, brioso danzante, é natural de Vilanova. A súa profesión é a de mestre no Colexio Maristas 'Santa María' (Ourense). Velaquí o tendes posando co seu novo traxe antes da procesión, todo tradición e poderío físico:

No hay comentarios:

Publicar un comentario