sábado, 31 de marzo de 2012


O pasado sábado 24 de marzo asistimos con uns amigos á presentación dunha singular liña de cosmética elaborada dende as uvas Mencía de Amandi, na Adega 'Rectoral de Amandi'. O fundador dela, e os fillos, son de Ourense. O seu viño estrela que leva ese nome, da variedade Mencía, ademáis da súa calidade ten dende o berce un deseño pioneiro e singular de Eloy Lozano.

Aquí vimos unha fermosa paisaxe de viñas en dirección a Ourense dende o luminoso e elegante loft balcón, concepción e deseño de Esperanza González ('Fento'). O artista de Ourense Manuel Vidal plasmouno nun vibrante cadro evocativo do finado empresario vitivinícola.     


Manuel Vidal: "Viñas da Rectoral de Amandi". Nas ladeiras de Forcas e San Lourenzo (Parada do Sil), o artista pinta ó  fundador da Adega Manolo Vázquez "Arnoia".

O acto completouse co concerto dun sobranceiro dúo de acordeóns 'Jeux D’Anches', dentro do circuito das Juventudes Musicales de España, único concello de Galicia que o acolle.  Marko Sevarlic & Nikola Kerkez, tocaron un breve e intenso repertorio ('Petruschka', Falla e Astror Piazzola). Unha tarde perfecta.



Os actos son parte da programación da Feira de Viño de Amandi (Sober) que se vai celebrar o próximo Domingo de Ramos, como de costume: a XXXIIª edición. Unha das actividades previas que son novidade este ano.

Pinturas murais de Proendos (estilo renacentísrtico manierista, século XVI)

Otros de los alicientes de esta tierra es el arte. La cerámica de Gundivós (ut supra cartel de Artesanía de Galicia) es un valor añadido. Tradición, modernidad, arte de la tierra del vino. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario