É a terra o espazo vital das persoas (na arte é a paisaxe: rural, urbana, campestre...). Cando Pousa coñece á súa dona visita a miudo Ourense, e comeza a pintala, escollendo como modelos as rúas da cidade daquel '
Ourense perdurable', en gloriosa frase con caducidade se pensamos naqueles anos máis como concepto aínda aproveitable. El quere atrapar na súa retina dun xeito consciente unha parte da cidade, a zona N. da Catedral, principalmente.
Mais son as persoas o fundamenta urbano, a urdime da colcha (el gusta máis da trama): así será o retratista dun pequeno círculo, familiar, agás algún compromiso. Velaquí os feitos: o do seu querido amigo
Manuel García (de
Buciños, terras do Concello de Carballedo / Lugo), como se coñece no mundo da arrte), grande escultor galego que vive en zona periurbana do antigo concello de Canedo, isto é, Ourense.
|
Buciños, debuxo dedicado en 1966 |
|
Buciños corenta anos máis tarde cando lle entregamos o 'Premio Francisco de Moure' no Ateneo (por trás da mesa membros do Grupo Francisco de Moure: o secretario, e quen esto suscribe). Foto 10.V.2008, LVdeG, S.M. Amil. |
O retrato de
Julio Francisco Ogando foi un encargo de aparato para o Instituto Otero Pedrayo, onde foi profesor e director moitos anos -durante a dictadura e primeiros da democracia (1966-1983)- este influinte persoeiro e personaxe singular da cultura ourensá. Por elo o retrato ecoa a Rafael ou Velázquez.
|
ól.l. 1983 |
|
Retrato da súa muller en 1968, ano no que se casou |
Rematamos con un querido debuxo do artista: o da súa dona. Por elo Ourense. Sempre (aínda hoxe).
No hay comentarios:
Publicar un comentario