Unha cegadora luz emite a recreación da artista lucense Sesé Santiso (María José Santiso Gómez, 1964) do coñecido 'Bodegón do cardo e cenorias' do toledano Juan Sánchez Cotán, realizado en 1603.
Alí, na sala cero do Centro Cultural, debuxado sobre madeira con precisión e sutileza, ao que engade ringleiras de pratos de sobremesa para convertelo en "Obxectos sobre natureza morta". Elo supón dun lado unha reflexión plástica á luz do Tempo do Coresma, e doutro nun exercicio de memoria descontextualizada.
Trae Sesé Santiso, artista de fondo percorrido que coñecemos en Ourense dende 2002 co gallo daquela mostra itinerante da Xunta que xiraba por Galicia, outras obras de series recentes que amosan o seu ronsel plástico.
Un aspecto a salientar dela é a disección reflexiva que fai entre pintura e escultura, territorio de fronteira.
Así na escultura feita por superposición de láminas-planos ...
... que semellan un cadro dende os motivos pintados en primeiro termo.
Noutros, as pezas pintadas no marco-caixa están viradas para velas en volume. E o xeométrico das composicións e das estruturas imponse sempre, pois así é a súa analítica arte, horizontal e de cores apagados nos comezos ata que arredor de 2003 comeza a traballar con gamas cromáticas cálidas, modulándoas con raspados e veladuras, para amosar coas capas e pegadas das accións o paso do tempo na epiderme. Eis como aqueles palimpsestos medievais que os copistas aproveitaban.
Esta ten sido unha ocupación que traballou para a Galería Pardo Bazán de A Coruña en Residua, 2010, desenrolando caixas que darían os Contedores de 2013, expostos alí mesmo nun plan coherente.
E con este formato ten expresado tamén a súa idea de feminismo, caso da Caixa de Pandora. Esta folla do seu abano temático pódese ver en Ourense, nunha linguaxe binaria, home vs. muller, e con ironía, en "Single e Married", abrelatas naquel e nela unha tela con bordado nun bastidor.
Esta licenciada en Belas Artes por Salamanca a finais dos anos oitenta, con estudos de grado, participa en colectivas desde 1989, sendo a súa primeira individual na Sala Almirante de Lugo en 1998 e no ano seguinte na sala de Caixa de Pontevedra, chega coa súa vizosa e suxerinte arte a Ourense.
Esta licenciada en Belas Artes por Salamanca a finais dos anos oitenta, con estudos de grado, participa en colectivas desde 1989, sendo a súa primeira individual na Sala Almirante de Lugo en 1998 e no ano seguinte na sala de Caixa de Pontevedra, chega coa súa vizosa e suxerinte arte a Ourense.


Territorio turístico da Ribeira Sacra, este será de interese primordial, e todo, sempre, unha forma de literatura...
No hay comentarios:
Publicar un comentario