lunes, 23 de abril de 2018

Exposición de Paz Pérez, no Museo Municipal



ARTE ET ALIA.

Xabier Limia de Gardón.

Esculturas en cristalinas vitrinas, de marfís sobre ébano, na procura do contraste de cores, sobre escuras peañas de pedra negra ou verde, cores en equilibrio de complementarios ou na procura do contraste, co estaño, pequenas pezas con ar de xoiería alto standing...




trae a lalinense María Mercedes Paz Pérez ata a sala do primeiro andar do Mº Municipal.















Teñen aquí protagonismo de seu polo exótico dos materiais e o seu carácter decorativo, definitorio desta madura empresaria natural do Barrio de Abaixo de Lalín metida a artista nos últimos anos.









Dende a súa actividade en Chantada, onde traballa e vive, convivindo coa arte e os artistas que se achegan ao seu taller de marquetería e enmarcado, que ten dende fai máis de trinta anos.
Pouco a pouco fíxose coleccionista de arte, e coa apertura da Galería Ansoar tamén marchante de antigüidades.


É así como chega fai anos a Ourense traendo aos artistas da Riverside Group, en 2011, obras dos londinenses que forman xa parte dos fondos do Museo, grupo que expuxera xa antes, cando o Museo botaba a andar.


















Alí, na capital do Deza fixo estudos no Centro de formación para as Artes (Cefort) do concello impulsado por Pilar Taboada, a súa mentora, e as bolboretas son un tema de estudo que se converte en afortunado achado plástico, un tótem, co que abre a súa exposición de Ourense.





Comeza a participar en colectivas dende 2012, acudindo ás 'Emporc-art' de Lalín, no Museo municipal Ramón Mª Aller dende 2013, ano do diploma de honra do Cefort pola súa creatividade.




As exposicións compartidas con José Suárez e con Patricia Fernández, nestes anos, supoñen un empurrón, sendo a súa pancada nas costas ‘Expansión natura’, no Pazo de Tor, fai un par de anos, que foi a súa primeira exposición individual, á que segue a do museo de Lalín. 


A expresión, dende o pouso biográfico que estaba a xermolar por anos, ten que ter sido grande, máis sempre é tempo de extraer o destilado, ata daquela repousado, no entorno do traballo e familia.

















É agora o tempo de Ourense. 
Nesta terceira exposición, a primeira con catálogo, aínda que o seu contido non corresponda co exposto na sala, converterase en especial, un dos encantos de estar fóra da súa área de confort. 







A escultura de marfil en toradas ten o seu encanto, por máis que se ache lonxe dos achados das pezas antigas, e as pezas en madeira M, castiñeiro, Mongoy ou Pitomba, dispostas tamén en toradas, ás que fai mordidas en finos regos paralelos coa ferramenta a motor a tres mil revolucións/minuto, manexada con precisión cirúrxica. 

Nese estado móvese, case febril no creativo, pois tamén ten redactado un libro, ''A cien y sin frenos'', un explícito título que fala do vertixe vital no que vive. 



As pinturas de intensas cores esmaltadas son de movemento máis calmo, un magma subconsciente que insire en formato tradicional ou modifica máis alá dese marco, en acaídas formulacións nas que prima o decorativo, como os seus equilibrados e curvilíneos debuxos nos que a liña define un camiñar...

Materiais: aceiro inox., base de granito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario