miércoles, 11 de abril de 2018

Antonio Quesada revive en Vigo a los tres años



'A. qUESADA’, ANTONIO QUESADA PORTO É...


Arte et Alia

Xabier Limia de Gardón



Recente está, aínda moi recente, a súa morte en Vigo, apenas tres anos dende aquel 26 de xaneiro, tempo no que se xestou esta retrospectiva e selecta exposición. ‘Dende o sentimento’ en elocuente título que amosa as pretensións nas que se move a súa ausencia.

Transición -Integración, 1994, obra bisagra.
O necesario afán memorialista que a preside explica tamén a imaxinativa carpeta, realizada por Teófilo Comunicación, con un libriño de mementos inseridos en obras do artista, reproducidas en numerosas e grandes láminas. 

A comisaria posando diante don recuncho da exposición,
espazo único presidido por seis obras de pequeno formato.
 


A exposición, comisariada por Teresa Cendón Alonso, dende a proximidade coa familia do artista e o coñecemento, desenvolve a súa biografía en núcleos cronolóxicos e temáticos aproveitando a singular forma da área de exposicións do antigo teatro García Barbón, reformado por Desiderio Pernas cando o mercou a Caixa de Aforros viguesa, hoxe Afundación.

Do Faro de Vigo...

O artista diante don cadro seu de 1967. ¿Cuenca?
Nacera Antonio Quesada no Ourense da República en 1932, e a súa infancia discorre na guerra civil, coa adolescencia e xuventude na época da Ditadura Franquista, a do bloqueo político e a autarquía económica. A pequena cidade amoreábase nos derrames do Montealegre, a ámbolos lados do manancial salutífero das Burgas. Aquí está o seu territorio, co regato do Barbaña no límite dos xogos xuvenís con Xosé Luís Méndez Ferrín, e os seus irmáns, pola Barronca da Alameda. Polo norte, a distancia da cidade vella, o Miño, máis presentido que visto.

Unha visión moi realista do Ourense, cara o Montalegre, 1966, dende a ponte das Burgas. 
Así tamén se lle irá facendo este mundo cos estudos en Madrid que o levan aos vinte e un anos a Zamora, funcionario da delegación de Facenda. E neste balcón sobre o río Douro, fronte do Campus Viriato, coa vista na Ponte de Pedra e o casco histórico, da comezo o seu cambio vital, aquí namorou e casou con Fe, e fai familia, Antonio, Héctor, Humberto e María Fe, ademais de Alicia, que nacería en Vigo con posterioridade a 1966, ano no que se trasladan.

Atmósfera, 1994.
O ambiente de Ourense, de música, artistas e literatos, aos que Vicente Risco chamaba 'artistiñas', cos que expuxera en 1962 en Madrid, farao cos poetas Jesús Hilario Tundidor e Claudio Rodríguez, e o pintor Antonio Pedrero, co que terá algo máis que conversas. Aquel ano, na XXIª Exposición Nacional, obtén a medalla de bronce, moito máis que un estímulo. Xorden así as súas paisaxes, que pronto se iluminarán, como o 'Páramo da Gudiña', de 1971, medalla especial na bienal zamorana. Danlle a de ouro na Bienal de Pontevedra por 'Tierras rítmicas de Verín', de 1972, o mesmo ano do gran premio da IIª Bienal de Toledo por 'O Tajo-Texo'.

'Tierras rítmicas de Verín'1972.
'TierrasVelazqueñas', 1986.
El caminar de los árboles, 1982.



Á busca dunha expresión sintética da paisaxe, con énfase lírica e idealista, nas súas amplas áreas cromáticas aboian os contrastes e o movemento, amosando a súa paixón pola natureza, que transmitiu nas viaxes familiares con caravana aos Pirineos ou ao Atlas marroquí, como nos lembraron Humberto e Maife, ela unha gran ilustradora.



Un esforzo rememorativo que deberá verse en Ourense e Zamora, onde xermolou todo.

Pueblo en el páramo, 1985.

No hay comentarios:

Publicar un comentario