As pinturas falan, e os artistas contan historias con elas. Cando son quen de insuflarlle sentimento, transmiten emocións, coas liñas, a composición e as cores. Delo tratamos nesta columna a meirande parte do ano, agás no tempo no que o Lorenzo aperta.
A fotografía e o plano a man alzada explícase dende a cuarta, parte, que da título á obra. |
No frescor da costa dei en ler ‘Terradentro de Xosé Benito Reza, e foi como estar diante dos cadros dunha exposición.
Mussorgsky fixera xa algo parecido coa música. O descubrimento do mundo a mediados do século pasado, que nos presenta o autor celanovés nas tres historias teñen equivalencia de arte, polos matices nas cores das leiras e campos que se transforman en paisaxe.
A terra de Celanova |
A gradación de alturas, do val ata as penechairas, da súa orografía e vexetación, a súa estrutura agropecuaria, disposta nunha orde por séculos, son esencia, e non recheo.
Presentando a obra. |
Deu contra Xosé Benito en 1997 do fenómeno da luz equinoccial da capela de San Miguel, fundada no século X. (Foto A. Piñeiro) |
Esta maxia débese ao ‘seu galego literario é abundancial e selecto a un tempo’, en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín. Berros no vento’ e ‘Casa grande de Ademourán’ son historias de ficción e misterio en espazos rurais. ‘O can do alcalde’ é a terceira, e discorre nunha vila.
A praza, co quinteiro onde ten casa. A fonte está diante dela... |
Pola alameda pasean o abogado Rial e o capitán da Garda Civil. |
Aquela Celanova de antes dos anos sesenta do pasado século, o tempo das novelas... |
Na intriga das novelas devalan os sentimentos dos personaxes, o mundo dinámico duns protagonistas e o do pobo, máis estático. Dramas rurais, e tensións, trufadas de ironía. Para especialistas, como Ramón Nicolás, son novelas ‘abeiradas a un xénero que case denominaría como thriller rural’.
Velaquí o peso do tempo da nenez e adolescencia, xermolo da vida. A mirada de Xosé Benito Reza detense na recreación daquel tempo dos nosos maiores, dende a nostalxia que sentiu, ‘cando as portas xa non estaban abertas’, pois como dixo, ‘a súa tía Gumersinda xa morrera’. E así, deulle vida un momentiño a avoa Amadora de Vilanova dos Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura coa casa de comidas, xentes fortes e rexas que encheron as terras do rural de Ourense, ou Galicia, nas súas aldeas e lugares, e que se está a esfarelar dende hai lustros diante dos nosos ollos.
O autor, fai uns anos... (foto La Región). |
O cabo é un cuarto capítulo, excursus persoal no que rememora a súa vida, e familia, Terradentro, realmente, pechando as paredes deste gran fresco ao xeito renacentista, cadrando o círculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario