Facendo miñas as palabras de Francisco Castro, digo:
"Hoxe a cultura galega está de loito tralo falecemento, onte, dunha das poetas máis grandes e que máis influenza teñen exercido en toda a historia das nosas letras como foi Xohana Torres.
Hoxe, o laio en Galicia podería ser 'EU TAMÉN NAVEGAR'...
Un retrato dela, saído das mans de Laxeiro. |
Poeta delicada onde as houber, e militante, en tempos dificilísimos e perigosos, a prol da nosa cultura. Seus son algúns dos versos máis repetidos por todas e todos os que aspiramos a, algunha vez, dicir algo con sentido.
Con Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares, foi unha das voces que empezaron a construír a modernidade da nosa literatura na colección 'Illa Nova', de Galaxia.
Novelas como Adiós, María, poemarios como Estación ao mar ou libros para os máis pequechos como Polo mar van as sardiñas (ademais do seu traballo teatral ou radiofónico) dan a dimensión inmorrente da súa obra".
Hoxe, o laio en Galicia podería ser 'EU TAMÉN NAVEGAR'...
No hay comentarios:
Publicar un comentario