lunes, 27 de febrero de 2017

A MEDIDA DO MUNDO DE OUTOMURO E Jº ANDRÉS SANTIAGO



XABIER LIMIA DE GARDÓN.
Velaqui o artigo na Web de La Región
ARTE ET ALIA

Hai unha exposición de mapas do mundo na sala Alterarte do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo. Este circunloquio, malia utilizarse dende fai anos, reflicte o constructo para unha universidade que tiña que chamarse Galicia Sur, con Pontevedra, Vigo e Ourense, norte e sur no Oeste, e leste, respectivamente, amosando equilibrio.

Jº Andrés Santiago duante da súa mostra-instalación 'A medida do mundo'.
E permitasenos este noso parecer nos días grandes do especial tempo de Entroido, momento anual de verdades e subversión á vez, con Pantallas, Cigarróns, Peliqueiros, Mázcaras... señoreando o espazo e o tempo da vida no mapa de Ourense, dende Parada de Amoeiro, que non se recolle no mapa ‘entroidos de Ourense’, a Vilardevós, de Entrimo á Veiga, da Xironda a Parada de Sil.

Neste territorio que demarcamos de extremo a extremo non hai distancias, afeitos a un mundo atemporal de sentimentos e emocións, de pulsións ciclotímicas. Eis a maxia dun tempo máxico. 


Así tamén naquel mapa firmado ‘Outomuro para La Región’, que expresa para nós o concepto do que somos, e que estoura no Entroido. Descatalogado xa, este ‘Orense’ editado en 1989 en postal e carteis, no que a provincia é unha illa con Oseira no leste, Avión na costa sur, ante a que se abre o Golfo de México, que ten enfronte as Islas do Ribeiro. Illas do norte, mar Caspio por medio, son Cuba, Cea, onde nacimos, e Seul. No suroeste as illas de Limia, e Hawai, Allariz, Ibiza; e do outro lado do Océano Índico, coa Península Ibérica entre Roma e Trives, e o Mar Muerto diante, dun lado, e do outro onde o mundo se chama Celanova, na costa, entre Madrid e Viena. No oeste, illa?, península?, o lugar de Outeiriño... Do outro lado do Mar Caribe, ‘Orense’, territorio insular. Este é, grosso modo, o mapa da súa ‘Terra da Chispa’, por terra, mar e aire.


Ana Soler, é a curadora do proxecto expositivo, co artista, na inauguración.
E todo elo ven a conto da exposición de Jº Andrés Santiago, na que reflexiona sobre a medida do mundo: unha ducia de mapas, enmarcados, nunha parede da sala, e un video en bucle sobre algo do Xapón onde viviu por estudos. Este é o que da a crave, pois o que se escoita nel son os latexos dun corazón...

 Na imaxe, Australia na parte superior. Todo o mundo está debaixo, e do revés.
O artista, doutor en Belas Artes en 2010, ano no que levou un premio accésit no certame de Artes Plásticas da Deputación, e premio fin de carreira cinco anos antes, que ten exposto en diversos países de tres continentes, propón aos espectadores saír da súa visión tradicional do planeta con Europa como centro e “pór os pés fóra para ver o mundo doutro xeito, ver outras realidades”. Quere ‘categorizar algunhas magnitudes que definen o noso mundo en termos sociais, sensoriais, vivenciais ou intuitivos, en vez de delegar nas unidades de medida convencionais’.


Estas, como se aprecia na mostra, son variables e, dado que os países queren un acomodo dominante na imaxe, sexa Australia, EE.UU., Rusia, China, e antes de todo a propia Europa, todos os mapas menten, pois hai tantos centros coma fins do mundo.

Aquí é Ourense...



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada