domingo, 3 de julio de 2016

Retrospectiva do Premio Luis Ksado


XABIER LIMIA DE GARDÓN. 
ARTE ET ALIA.


Ou cando a fotografía conta historias

Na sala José Ángel Valente está a 'Retrospectiva. 10 Premios de Creación fotográfica. Luis Ksado', co gallo dos dez anos deste prestixioso premio de creación fotográfica ligado ao fotodocumentalismo, e que premia ante todo a linguaxe fotográfica, sen fotomontaxes. 






Chega ata nós co comisariado de Xurxo Lobato, e conclúe así a súa itinerancia co patrocinio da Deputación de A Coruña. 







De Javier Arcenillas (2008)


Con un máximo dunha ducia de fotografías contan unha historia, dende o drama da inmigración (Xosé Abad) a o gran Vari Caramés quen, con ‘Galicia instamatic’, reclama outra mirada. Peter Marlow, da Magnum Photo, con ‘A catedral de Santiago. A fin do camiño’ amosa xa en 1999 que é a esencia, tema de contraversia nestes intres en que o impulso do turismo temático é ameaza (peregrino 100.000 rexistrado no que levamos de ano). 


Da denuncia da prostitución en Filipinas (Diego Verges) á India da alegría (Javier Arcenillas), da visión do fado (Amador Lorenzo) á invasión da publicidade (Xulio Villarino), e os incendios de verán en Galiza, de Miguel Riopa: ‘Verde-Rojo-Negro’, espléndido título. 

Unha das fotos de Miguel Riopa (2004).
De Harguindey (2006)

Especialmente acaído nesta altura de 2016, é o tema da vellez na nosa terra (Fernando Fernández) e a fermosa reflexión de Harguindey ('Breve prontuario de peixes e pareceres') ante o impacto dos residuos na mar.

A inclusión de Ourense no tour ten un interese especial pois o pionero do fotoperiodismo que foi Luis Ksado viviu os seus primeiros anos aquí, á beira de José Pacheco...

No hay comentarios:

Publicar un comentario