lunes, 4 de julio de 2016

É CÉSAR PRADA


O sementador...
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
No artigo de prensa
ARTE ET ALIA.



Cando as neuronas bailan, e trebellan, ou buligan, é a manifestación dun artista, César Prada, que enche as dúas plantas do Municipal con unha vasta exposición dos seus traballos co pincel, e o gubia e maila trencha, cadros e mais cadros, con esculturas, que en grandes paneis espalla polas paredes das salas.


Detalle de 'Fuxida do Paraíso'.
Isabelita e Lupita, na entrada, terra / aire / lume / auga, o neno, terra e aire / lume e auga... así son algunas das obras que amosa, así o percorrido vital do artista: muller, filla, neto, vida e tempo..., eis unha mirada retrospectiva do seu entorno, a declaración do sabor esencial.




Son obras descriptivas nas que manda o corazón e o sentimento, dende unha idea base.

Outras xurden dende outros eidos, e preocupacións.

Nelas busca o simbolismo, con unha mirada analítica, con algo de cartesiano, que vai ampliando.


No desenrolo da historia engade planos, campos de cor, incluso escalas varias..., deixando ver en todo o proceso o que ten no fardel: a fasquía da súa inspiración.

Esta se manifesta nalgunhas teimas sociais contemporáneas que lle preocupan (as 'portas pechadas'), ou a morte do amigo artista Zapata, reflexións dende o pesimismo, nas que a súa expresión faise escura, dende outros medios técnicos.

'A habitación (Van Gogh)', detalle.






Nunhas obras de agradecemento a algúns grandes artistas por existir e alumear o seu camiño, sen máis, vimos formas novas no seu rexistro plástico, nas que debería insistir polo frescor que aboia nela (así no inspirado na obra do cuarto de Vincent Van Gogh).

Nesta macro exposición de máis de cincuenta obras, con un video, e unha morea de debuxos e bosquexos que enmarca o artista baleira o seu taller, e íspese para nós como si dun canto de cisne se tratase aos seus sesenta e cinco anos.





Cecais por iso engadiulle escultura en madeira. De gran formato, a obra pode ser merecente por sí mesma, xunto coa escena do contedor de cristal, en bronce, nunha exposición ad hoc, mais que aquí non encaixa, senón que distrae, no amplo desenrolo exposto das dúas salas, ateigadas como si dun bazar monográfico, se tratase.

Fotografado diante da 'Fuxida do Paraíso'.














O catálogo, está feito co deseño e maquetación do seu fillo Alexandre P. Souto e Planos Publicidade. Abreo un texto do propio artista e péchao Isabel, a súa dona, e antes César Ansias, amigo de seu. 

Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Xosé Carlos Caneiro, escritor, coñecidos seus, poñen as reflexións dende os sentimentos...





No hay comentarios:

Publicar un comentario