As fotos, en ángulo, por mor dos cristais, e ainda así as luces... |
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
Na presentación (foto Eliaz) |
‘Tempo de Luz’ é unha exposición que se amosa no andar alto do Museo Municipal. Malia o ascenso pola escaleira (o ascensor non funciona), e a sala, paga a pena. Así tamén a inauguración, con interferencia horaria de actos electorais, un día especial para o alcalde que viña de padecer unha gratuita e desproporcionada agresión na Praza Maior. Os varios artistas congregados, daban ao acto unha atmosfera privativa, e culta.
Trátase dunha exposición toda ela realizada coa técnica do pastel polo vigués Antonio Abad Gallego, cores aplicadas directamente no papel 'Canson', para acadar escenas como a da calesa con cabalo branco de Sevilla
É esta unha cor da que gosta, e na que se centra, nos seus temas de auga, leit motiv coa que devala pescudando reflexos, no curso dos ríos, e o sol iluminandoas, penetrando entre as follas das árbores de ribeira; ou da mar, desas costas que visita, para ubicar as paisaxes coas dunas perto das praias, e as prantas xerófilas, que medran no entorno, e xeran esas sombras de tons cálidas, de resol.
Son os motivos que acostuma, con un ar a Kim Lordier e Jen Evenhus. Mais Wistler, Degas ou ‘o berro’ de Munch son exempros que están no seu vademécum de referencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario