lunes, 9 de mayo de 2016

A XEOMETRÍA INFIDA DOS DESERTOS


Xabier Limia de Gardón. 
Arte et alia.

Hai no deserto da cidade moita xente. Os sons dos neumáticos no asfalto mollado, ou nos lastros, o barullo do cotiá que mingua ata deterse na ‘hora azul’ da noite. As obras que comentamos hoxe nesta achega semanal dende a arte, Xabier Babarro no Ateneo, e a de Eduardo Outeiro en Alterarte. Son ámbalas dúas mostras plásticas exemplos da capacidade humana por explicar o insondable mundo do interior, aquel, ourensán de Soutosanín, no perímetro rural da cidade, e xa xubilado (n. 1946); este coruñés de mediana idade (n. 1981)... Dende mundos opostos conflúen.

'Espazo ilusorio'



Babarro, antigo profesor do Instituto da Carballeira, onde impartía educación plástica e debuxo, amósanos en ‘Cor e xeometría’, primeiro no Auditorio municipal que se abaixa á cidadanía no salón de portas abertas que é o Ateneo, coa mesma obra e folletos editados pola concellería do organismo público, circunstancia que na súa faciana positiva hai que salientar, e repetir. 






Liñas no plano, cores, xeometría das formas con propedéutica pedagóxica dende Josef Albers e os Mestres da Bauhaus do período de entreguerras do pasado século. 

O método racional, co lapis, e o punto inicial no papel..., velaquí o eloxio do artificio mental coas mans e os instrumentos de debuxo, escadras, compás e tiraliñas, complementados coas manchas de cores, uníndoas e xustapoñeéndoas, ou non, para conseguir a sensación de fondura. 

Son, moitas delas, formas abstractas que saen dos desertos do maxín, enriba do taboleiro de debuxo. Son tamén, ¡ay!, variantes pedagóxicas, de profesor, modelos para os alumni. Nada menos, mais nada máis...


No hay comentarios:

Publicar un comentario