lunes, 22 de febrero de 2016

Sempre Basallo









'Sempre Ignacio', na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago, con obra ideada para esta exposición.




Un abano tripartito, que está no cerne do discurso que lle escoitamos pronunciar no Paraninfo do Otero Pedrayo de Ourense, no canto de ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes: unha das súas esculturas á entrada, trabe vertical pulida e queimada, con brazos - símbolo home / muller; esculturas abstractas na parede, ambiguas, como trofeos de caza, de materiais maleables que, coa complicidade do espectador, semellan... 

Nesta liña están os pequenos collaxes sobre panfletos, cartóns industriais que organiza sen condicionantes previos, cosidos a máquina, uns singles, outros dípticos e trípticos, que amosa por primeira vez. 








Dende a madeira, constrúe pezas escultóricas en desequilibrio aparente, nunha poética interrogativa e, sen rexeitar os residuos dos materiais, tacos ou serraduras, vai facendo esas cousas inútiles que chamamos Arte, 'que non nos van sacar da crise', dixo nalgún momento o artista, mais tan necesario como o ar que respiramos. 

Como os debuxos que fai o vento coas nubes da choiva. 
Levan Ourense.



Esta imaxe 'de moitos letreiros en etiquetas pendurados nunha escultura, un agradecemento que gustou  Miguel Fernández Cid o armadanzas desta mostra foi o primeiro entusiasmado...', díxome o artista.


Homenaxe á 'La Saga-Fuga de J.B.', obra de G.T.B., etiquetas con caseque cen persoaxes...


No hay comentarios:

Publicar un comentario