lunes, 8 de febrero de 2016

O Premio Galicia de Fotografía/2015 materialízase



Eva Díez, fotógrafa viguesa que ven de pechar un ano triunfal, no que acadou diversos premios, o Nacional de Fotografía Profesional Lux Oro e o Premio Art Photo Ben en Barcelona, aos que temos que engadir, entre nós, o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Velaquí o Artigo en La Región.
Consecuencia desde concurso, organizado polo Outono Fotográfico, ou por mellor dicir, Xosé Lois Vázquez ‘Ché’, director, e Vítor Nieves como coordinador. O patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, fai que acadalo supoña un regalo pois gañalo supón visibilizalo traballo en formato libro. Este foi presentado fai uns días en Ourense na Galería Photo Art ante Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura.







Toma corpo así ‘Renacer’, dende as fotografías. Estas iniciaron a súa exhibición en Lugo, con itinerancia polas cidades galegas. O proxecto xurdiu, luz no seu maxín de artista, dende unha casa baleira e outra habitada, nunha viaxe por Pontevedra.

 Nós, con Matisse, tamén somos da opinión que ver é un acto creativo... 
Foi así localizando casas deshabitadas, polo norte de España, Italia, e principalmente na nosa terra, nas que interviu para engadirlle luz, e fotografalas de noite. De antigo, cando se dicía que había nunha aldea trinta lumes, sabíase que alí había vida, casas coa calor do lar.


Eva Díez, na súa fotopoética montaxe, recreaa dende o simbólico, un contexto do que gusta e que nos amosou na exposición do Centro Cultural ‘Os que habitan’ (Video exposición / Ourense), que puidemos ver da man do OF/2014. Este é o seu territorio de creación, o poético dende o real, que agardamos recale pronto en Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario