ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN. Hoy en La Región
De camiño á mostra de fotos de Casares no Centro Cultural atravesamos a rúa do Paseo apenas sen luces. A penumbra tornouse escuridade cando nos achegamos a Cardeal Quiroga/Alejandro Outeiriño, a bipartita rúa transversal. Malia o rechamante da circunstancia, foi un preámbulo introdutorio para a percepción, un dos aspectos centrais da fotografía. Para nós a maneira de captar as sombras, dende a luz, para dar conta do relevo da vida. Mais a sombra é a luz na forma da árbore que se interpón (segundo Dürkheim), o que apunta cara o fondo de nós. O abano da mostra vai dende os retratos da súa familia, muller e fillos, e tamén propios. A foto no que se autorretrata con ela, no retrovisor do coche, reflicte un micro mundo de parella, privado. Ao poñela a disposición pública entramos con pudor no círculo. Agora, con ámbolos dous desaparecidos, e a necesaria meditación na morte, o mellor para sentir o misterio da vida. A redor, a danza continúa. Hai fotos do entroido en Xinzo e petos de ánimas, publicadas nunha guía de Pontevedra.
Velaquí unha secuencia. Os comisarios obvian poñer tipo de cámara, obxectivo, apertura, película ou data... |
Velaquí... a data aínda que non poñen o medio. |
Mais son apenas materia, restos inermes, pois falta o espírito de Carlos Casares para animalas, e dilo sabe o seu irmán Xabier quen sinalou como, ao regreso das súas viaxes, comentaba as vivencias de cada unha delas.
Como o escrito nun dos seus soltos periodísticos, ‘Leica’, reproducido na exposición, no que da conta de como mercou moi barata unha cámara desta marca en Moscova no 2000, ao que engade un sucedido.
Na vitrina, con diapositivas, libros e notas manuscritas, as protagonistas son as cámaras que coleccionaba. Henrique Monteagudo, que lle regalara unha de 1922, mercada na feira de San Telmo en Buenos Aires, pode testificar como se puxo de contado a desmontala ‘e amañouna nun espentenexo’.
Foto de Ramón Loureiro, citada no texto, ao que lle agradecemos a deferencia. |
Esta mostra faino presente na súa ausencia, trece anos andados dende aquel marzo, mes no que naceu Marcos Valcárcel, seu amigo e continuador no Liceo dos Encontros literarios, morto fai xa case un lustro. Moita auga ten pasado baixo a ponte... Mais o pasado ano inauguramos o primeiro Roteiro literario dedicado a Casares en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario