miércoles, 4 de junio de 2014

Miguel Anxo Fernández presenta 'O espido de Gina'

By Phillipe Halsman
Unha nova novela se presenta:


'O espido de Gina', 

de 

Miguel Anxo Fernández 
(O Carballiño, 1955)



Ás 7:30 Feirón do Libro / na Alameda... 

Cita coas lembranzas dun periodista de Valdesantos (sic) e con unha voz en off baseada en Berlanga ('Bienvenido Mr. Marshall') os tempos pasados, os da memoria duns cinemas nas vilas e homenaxe ós operadores delas, co cine e a mitomanía italiana ('Amarcord', Lollobrigidano horizonte !!!


Outros libros do escritor


A moto e o motorista de xuguete de esquerda á dereita, e o seu reflexo...
***
Xa de volta...

Dende as salas de proxección en escuridade, iluminadas tan só por un raio branco nunha pantaia, algo máxico que levamos dentro dende as nosas primeiras experiencias nos anos sesenta. Por aquí vai a novela. Salas de cine, films,... e a Igrexa. Así o  contou na Alameda. Así era en Carballiño. Así o sentin eu en Cea. Salas nas cidades, no centro e barrios, salas nas vilas, grandes e pequenas... Mais en paralelo, no noso caso, estaban as fichas da censura, que pasaban pola miñas máns nos Salesianos, cada semana durante meses, e que o cura me poñía nelas para que as clasificara, logo de recortalas: '1, 2, 3, 3R e 4' (!). Así desde os once anos. O de 'maiores con reparos' era un concepto que, anos máis tarde, en filosofía, comecei a decatarme de que era metafísico. A Igrexa no rural, e nas vilas ou cidades era/sería outra cousa, que os dos Salesianos eran máis libres no seu ensino de valores e fundamentos... 
Miguel Anxo ama a literatura, e semella que foi feliz cando facía a novela, na que deitou (máis que envorcou) moitos dos seus recordos, que comparto, por idade, e incluso veciñanza comarcal. Ler o libro suporá mergullarse de novo naquela realidadede infancia e primeira adolescencia, nunca esvaída. Agardo facelo de contado...  




No hay comentarios:

Publicar un comentario