Fai uns días que inaugurou Manuel Penín unha exposición dobre na que ofrece retratos dunha liña e acuarelas. Este exercicio de bipolaridade buscada na súa expresión plástica está na sala principal do Centro Cultural da Deputación. O catálogo se dedica de xeito monográfico aos retratos, que ocupan as paredes principais.
Coa liña, dende o lapis (rotulador ou grafo ás veces), o artista escolle o punto inicial. A liña flúe, dende a concentración, aquí, agora: é o único que lle importa. Avanza como meditando, pescudando o camiño esencial dende o mirar interesado para coller os trazos máis salientables. Así, busca achegarse ao individual que está máis alá dos ósos e a carne, para captar a raiola de luz interior, esa faísca do cerne de cada quen, o que fai que o rostro teña vida..., ou non! A tensión faino entrecruzar por veces a liña, mais o trazo é constante. Del xurde a ‘vera efigies’ ou un rostro novo, o que será sempre un afondamento na humana materia (human matter). Penín está a facer este proceso desde o pasado outono en Berlin, mais a técnica procede -segundo confesa- dunha das leccións de Xesús Vázquez. Este artista santanderino de orixe ourensá deu aquí un curso, 'Despois de Auschwitz', que o iniciara no recurso que agora presenta.
Vinteunha obras conforman un 'pachwork show' nunha das paredes |
Unha das súas obras máis recentes, con rastros da 'paisaxe biolóxica microscópica', con Altamira cecais tamén. |
O ronsel de Mark Tobey -que a natureza domine a túa obra-, o grande artista norteamericano, nos parece albiscar…
No hay comentarios:
Publicar un comentario