miércoles, 6 de marzo de 2024

 





Claustro da hospedería, no antigo mosteiro de Montederramo, Ourense, época do Renacemento, século XVI. Nun antepeito do primeiro andar un significado e culto motivo, en orixe o emblema de Aldo Manuzio, gran tipógrafo florentino, quen o comezou a usar arredor do 1500, e que foi o selo distintivo das súas publicacións.



Simbolizaba a fusión da velocidade e a estabilidade, que reflectía a filosofía da súa arte. 
O lema "Festina lente", encapsula a esencia delo.

E Montederramo foi importante colexio para os monxes no tempo da Congregación Cisterciense de Castela.

As fotos do claustro son da autoría de Antón Rodicio, esta última de mañanciña...


Ms. medieval do mosteiro cisterciense no que se destaca por vez primeira a denominación de "Ribeira Sacra", tan utilizada hoxe en día... sendo "
o artífice da lectura e traducción erróneas de «rovoyra sacrata» («roble sagrado») por «Ribera Sagrada» o monxe benedictino frei Antonio de Yepes a comezos do século XVII na súa «Crónica General de la Orden de San Benito». Así é coñecido na historiografía científica dende fai anos.


Abrangue este espazo entre o río Sil e o Miño, segundo unha recente "Guía"...





No hay comentarios:

Publicar un comentario